Manolo Caamaño Añón, nado en Buño en 1950, é un artesán ceramista e escultor galego.

Traxectoria Dende cativo comezou a aprender o oficio de ceramista traballando no obradoiro familiar, nunha das olerías máis importantes de Galiza, a de Buño. Aos 27 anos, independízase do taller de seu pai e instala un obradoiro en Covas (Ames). Ten realizadas diversas exposicións como artista.

Técnica Usa o torno de roda. Nos seus comezos traballou a arxila de Buño, pero evolucionou para traballar con gres, arxila refractaria e porcelana, ás que lles dá uns característicos acabamentos en esmalte.

Categoría:Personalidades da artesanía Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes