O Samsung Galaxy S21 é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 14 de xaneiro de 2021 e lanzouse con Android 11 e a interface OneUI 3 de Samsung o 29 de xaneiro do mesmo ano.
Características En canto ao hardware, o S21 ofrece 8 GB de RAM e está dispoñible en opcións de almacenamento de 128 GB e 256 GB.
Tamén posúe unha batería Li-Po de 4000 mAh e un sensor gran angular de 12 MP, un sensor teleobxectivo de 64 MP con zoom híbrido de 3 aumentos (zoom óptico de 1,1 aumentos) e un sensor ultra gran angular de 12 MP. A diferenza do seu predecesor, este ten 3 cámaras traseiras sen ese marco de vidro negro incrustado nas propias cámaras, xa que tamén son un pouco máis grandes e máis perceptibles a primeira vista. O Galaxy S21 inclúe un procesador Exynos 2100.
Notas
Categoría:Samsung Galaxy