Manuel Pérez Sáenz nado en Ortigosa de Cameros (A Rioxa)Facal Rodríguez (2006), p. 141 e finado en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1880, foi un empresario galego.

Traxectoria

Primeiros anos En 1825 trasladouse a Santiago de Compostela onde comezou a traballar co comerciante da cera Francisco Rodríguez de Arijón, casando coa súa filla en 1837. Iniciou a súa actividade económica no comercio de Compostela e despois a actividade bancaria, a partir dun préstamo do seu sogro e do capital aportado pola súa muller.Facal Rodríguez (2006), p. 142

Actividade comercial Manuel Pérez Sáenz comezou no mundo dos negocios coa ceraría do seu sogro na década de 1840 e exportando millo cara a Irlanda, nos anos da fame; e tamén participou no negocio do transporte de emigrantes cara o Río da Prata. Posteriormente, exerceu como grosista e como armador nos portos do Carril e outros da Ría de Arousa, e da ría de Muros, dende onde comerciou con portos de todo o mundo, particularmente con América. Na década dos anos 60 e 70, tamén participou no comercio de exportación de gando a Inglaterra, o que lle facilitou o acceso a letras de cambio e libras esterlinas.Facal Rodríguez (2006), p. 145 A partir dos intensos movementos comerciais, foi armador de barcos de cabotaxe e de rutas internacionais para transportar as mercadorías cara a América e traer outras de volta.

Actividade financeira A partir das relacións comerciais, pasou a ofrecer intermediación financeira a empresas da bisbarra de Santiago, especialmente ás fábricas de curtidos e préstamos para as actividades da familia Harguindey e, tamén, aos fomentadores cataláns da salgadura das rías de Arousa e Muros-Noia.

Tivo tres fillos: Celestina, Olimpio e Cándido Pérez Rodríguez. Despois da súa morte en 1880 os seus fillos continuaron a súa actividade bancaria constituíndo unha sociedade que pasou a denominarse Hijos de Pérez Sáenz (1884). Anos máis tarde pasaría a coñecerse co actual nome de Banco Gallego. Finou en Santiago de Compostela o 12 de marzo de 1880.Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 11-3-1882, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados na Rioxa Categoría:Finados en 1880 Categoría:Armadores