miniatura|Na cerimonia dos Premios Oscar de 1990. Kimila Ann Basinger, nada en Athens (Xeorxia) o 8 de decembro de 1953, é unha actriz estadounidense e antiga modelo.
Traxectoria Comezou unha carreira como modelo ós 16 anos para o que se desprazou a Nova York para traballar coa Ford Modeling Agency, apareceu en ducias de portadas de revistas e anuncios, e aos vinte anos era xa top model. En 1976 trasladouse ós Ánxeles para dar un novo rumbo á súa vida e comezar a actuar, apareceu con papeis pequenos nalgunha serie de televisión, o seu primeiro papel destacado foi no filme televisivo Katie: Portrait of a Centerfold (1978), apareceu como unha rapaza Bond en 007: Nunca digas endexamais (1983) e en The Natural (1984) con Robert Redford. A súa consagración definitiva chegoulle con 9½ Weeks (1986) con Mickey Rourke. Con L.A. Confidential gañou un Oscar á mellor actriz.
Vida persoal Antes de ser famosa, Basinger saíu co modelo Tim Saunders, co fotógrafo Dale Robinette e co xogador de fútbol Joe Namath. Non tería outro vínculo público ata 2014, cando comezou a saír con Mitch Stone. Do mesmo xeito que Snyder e Peters antes que el, Stone coñeceu a Basinger mentres se peiteaba nun set de cine. A parella leva bandas de ouro a xogo e desde entón mudáronse xuntos.
Filmografía Hard Country (1981) Mother Lode (1982) 007: Nunca digas endexamais (1983) The Man Who Loved Women (1983) The Natural (1984) Fool for Love (1985) 9½ Weeks (1986) No Mercy (1986) Cita a cegas (1987) Nadine (1987) My Stepmother Is an Alien (1988) Batman (1989) The Marrying Man (1991) Análise final (1992) Cool World (1992) The Real McCoy (1992) Wayne's World 2 (1993) The Getaway (1994) Ready to Wear (Prêt-à-Porter) (1994) L.A. Confidential (1997) I Dreamed of Africa (2000) Bless the Child (2000) 8 Mile (2002) People I Know (2002) Unha muller difícil (2004) Elvis Has Left the Building (2004) Cellular (2004) Jump Shot (2005) The Sentinel (2006) ''While She Was Out (2007)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Athens, Xeorxia Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia sueca