dereita|miniatura|Sartego na igrexa de Santa Comba San Trocado (do , que significa "retorcido") foi un cristián discípulo do apóstolo Santiago.

Traxectoria A mediados do século VIII, compúxose un relato sobre a predicación evanxélica de sete homes enviados a evanxelizar Hispania dende Roma por san Pedro e san Paulo. Segundo este relato, Trocado converteuse no primeiro bispo de Acci (Guadix, Granada), o igual que fixeron os seus compañeiros noutras sés: Segundo, bispo de de Ábula (Abla, Almería), Indalecio, bispo de Urci (Almería, Almería), Tesifonte, bispo de Bergium (Berja, Almería), Eufrasio, bispo de Iliturgi (localidade desaparecida próxima a Mengíbar, Xaén), Cecilio, bispo de Illiberis (Elvira, hoxe Granada) e Hesiquio ou Esicio, bispo de Carcer.

No século IX, a devoción por san Trocado estendeuse pola Hispania cristiá, xurdindo a tradición do traslado das súas reliquias á igrexa de Santa Comba de Bande, onde se conserva o seu sartego, que contivo as reliquias do santo ata que no século X foron trasladadas ao mosteiro de San Salvador de Celanova. En 1592, abriuse a súa tumba e repartíronse as súas reliquias por Ourense, Santiago, El Escorial e Guadix.

En Guadix festexan San Trocado o 15 de maio, data do seu suposto martirio, que segundo a tradición ocorreu no ano 66.

San Trocado dálle nome ao monte de San Trocado (concellos de Cenlle, Miño e San Amaro), á parroquia de San Trocado (Allariz) e aos lugares de San Torcado (A Estrada) e San Trocado (Carballedo).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Trocado Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia