miniatura|250px|Cacharela en Finlandia. Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha).

A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o BautistaSegundo o Evanxeo de san Lucas, a concepción de Xesús aconteceu 6 meses despois da de san Xoán: Mais o anxo díxolle: Zacarías, non temas; porque a túa pregaria foi ouvida, e a túa dona Elisabet parirache un fillo, e chamaralo de nome Xoán (13); Ao sexto mes o anxo Gabriel foi enviado por Deus a unha cidade de Galilea, chamada de Nazaret (26) . A tradición apócrifa conta que Zacarías, pai de san Xoán, celebrou o seu nacemento prendendo varias lumeiradas..

Galicia conta cunha forte tradición en todo o país onde se mesturan antigos ritos ao lume, á auga e á natureza con xantares populares, salientando as celebración e as cacharelas da cidade da Coruña. En Europa salientan as celebracións nos países nórdicos, nas illas británicas, na Península Ibérica e Francia, con rituais semellantes aos galegos: fogueiras, xantares populares, rituais con herbas e auga. En España salientan as celebración en Cataluña e o País Valenciano; préndense importantes fogueiras en Alacant, declaradas de Interese Turístico Internacional. Aquí, nesta cidade, considéranse auténticas obras de arte. Son creadas durante meses por construtores e artistas que empregan materiais tan variados como cartón, madeira, papel, pintura etc. para que poidan arder facilmente.

Noite de san Xoán en Galicia miniatura|Fogueira de S. Xoán preparada en Petelos (Mos). A noite de san Xoán é unha das festas antropoloxicamente máis importantes en Galicia, a noite do Lume Novo. Así por exemplo, celébrase na Coruña coas tradicionais fogueiras na praia do Orzán e na de Riazor, sendo esta a festa do san Xoán máis multitudinaria de Galicia e unha das máis multitudinarias de toda España. A noite de san Xoán na Coruña foi declarada festa de interese turístico internacional de España. Porén en todo o territorio é de tradición acender cacharelas e facer xantares populares onde as sardiñas, os cachelos con pela e a broa de millo son as protagonistas.

Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de san Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas etc.

Fogueiras de san Xoán O ritual co que máis se identifica a noite de san Xoán son as fogueiras que se prenden na tarde-noite do día 23, tamén chamadas cacharelas, cachadas, cachelas ou lumeiradas Outros nomes menos comúns son os de brasedo, cacholas, fachareadas, garadas, laparadas, laradas, lume novo, lumaradas, lumeradas, lumeiros, lumieiras ou queimas.. Durante os días previos, os mozos e veciños van amoreando diverso material nalgún lugar aberto e de paso público (prazas, encrucilladas ou, actualmente, praias) ata que, no comezo da noite, préndese lume entre a expectación de tódolos veciños. Nas horas seguintes, comen sardiñas á brasa e beben viño, cantando e bailando ó redor da fogueira e, cando esta está practicamente consumida, terminan saltando sobre as últimas lapas mentres se exclama: Salto por riba do lume de san Xoán, para que non me morda cadela nin can nin bicho vivinte que ande polo chan.

Outras fórmulas empregadas nestes casos son: Salto por riba/ do lume de san Xoán/ para que non me trabe/ cadela nin can. Sálvote lume de san Xoán/ para que non me trabe/ cadela nin can/ nin cantos males han.

Ás veces recoméndase, para obte-lo máximo efecto, espirse para saltar sobre a fogueira. O número de saltos que se deben dar é variable segundo os costumes locais: adoita facerse como mínimo tres veces pero, en calquera caso, sempre un número impar de saltos. Resulta habitual nestes rituais máxicos recorrer ós números 3, que representa a Trindade; 7, que representa a totalidade; ou 9, número da perfección (tres veces tres).

En Olveira (A Coruña)Quintáns non especifica se se trata de Olveira de Dumbría ou de Olveira de Ribeira. adoitábase colocar unha cabeza dalgún animal espetada nun pau de loureiro e amorea-la leña ó seu redor. A cacharela non se debía apagar ata que esta cabeza acabe convertida en borralla.

Hai zonas onde existe o costume de celebrar certos ritos de paso sobre as lapas ou sobre o fume para curar certas enfermidades. Poden facerse entre dúas mulleres chamadas María ou entre unha muller con este nome e un home chamado Xoán, que se pasan mutuamente o meniño enfermo mentres din: Enfermo cho entrego devólvemo san. Ó rematar, sempre cun número impar de pases, envolven ó rapaz nunha saba de liño nova, que nunca fose lavada.

Tamén existía o costume de afuma-lo gando na noite de san Xoán, para protexelo do meigallo. Para conseguilo fan anda-lo gando ó redor ou entre as fogueiras para que lles dea ben o fume. Noutras ocasións o que se fai é queimar na corte un corno de carneiro, loureiro bendito e xofre.Rodríguez López. 1974. p. 202 As lumeiradas de san Xoán tamén servían como rito de protección para as colleitas de centeo ou millo. Así, recitaban: Ve-lo lume, ve-lo pan,/ cada espiga seu toledánToledán é o nome dunha medida de capacidade equivalente a medio ferrado. En Cesures este rito de afuma-las leiras celebrábase na noite do 29 de abril., ou Ve-lo lume, ve-lo pan,/ Dios che dea bo gran/ polo mes de san Xoán/ espigas como rebolas/ e grauciños como olas (FRAGUAS:106).

De feito hai lugares, como Castrofeito (O Pino) ou Pedrouzo (Silleda), onde non se denominan fogueiras senón fumazos. Alí queiman sobre de todo leña verde que levanta un intenso fume co que se pretende espanta-las meigas e os seus meigallos.

A auga miniatura|Fonte en Coruxo, Vigo. Tamén é común a crenza de que a auga, que lava tanto a sucidade como as enfermidades ou, en xeral, o Mal, alcanza nesta noite propiedades máxicas superiores ás que poida ter no resto do ano. Por iso, acódese a ríos e fontes a practicar certos rituais, preferentemente ás máis próximas a mosteiros e santuarios, que transfiren a súa sacralidade á auga. Así, na fonte da Moza, na Veiga (Ourense), aparécese esta noite unha moura a peitea-los seus cabelos; esta mesma lenda está presente en moitos outros lugares de Galicia, como por exemplo no outeiro de Vimieiros (en Celanova, Ourense)José Manuel Jesús Hidalgo: "El tema de la serpiente en la arqueología de Galicia", Vigo etnográfico, 14 de febreiro de 2009 . ou no lugar de Doniz (en Espiñoso, Cartelle). Na fonte de Bexán, en Cambados, báñanse os enfermos de mal de ollo para rompe-lo feitizo. Na Gudiña, as meigas reparten a auga que lle toca a cada veciño.

Chámase flor da auga á tona, a capa máis superficial, na que se reflicte o sol ó amencer e que por tal motivo posúe un misterioso efluvio que gardan as ninfas ou xanas da augaLémbrese que a auga da pía bautismal debía ser bendecida ó mencer para ser sagrada.. No caso dunha fonte, este poder teno a primeira auga que deita no amencer. Nesta noite de san Xoán, a flor da auga transmite as súas propiedades de saúde e beleza ás mozas que laven a cara nas fontes nas que habiten estes seres. Esta mesma operación tamén serve para esconxura-las meigas: Día de san Xoán, alegre meniña, vaite lavar, pillarás auga do paxaro antes de que o sol raiar Irás arrente do día a i-auga fresca a catar da auga do paxariño que saúde che ha de dar Corre meniña, vaite lavar alá na fonte te has de lavar i a fresca i-auga desta manecida cor de cereixa che ten que dar. Se arraiar, se arraiará tódalas meigas levará; xa arraiou, xa arraiou, tódalas meigas levou.

Tamén se cre que se cura o bocio bebendo durante esta noite auga en nove fontes distintas; en Xavestre (Trazo), bebe-la auga que sae de sete ou nove muíños libra dos feitizos.Os muíños posúen propiedades curativas porque neles se moe a fariña coa que se fai o pan, símbolo da eucaristía. En Entrimo, purifícanse uns ós outros salpicándose mutuamente. Noutros lugares, hai que coller unha póla de bieiteiro para ir con ela a unha fonte máxica ó amencer do día de san Xoán: o primeiro que chegue pode coller con esa póla a flor da auga e usar das súas virtudes. Nas Vendas da Barreira (O Riós) crese que a moza que recolla a flor da auga casará dentro do ano.

O orballo que se deposita sobre a herba ou a sementeira durante a noite de san Xoán posúe tamén propiedades curadoras e milagreiras; no Riós explícano en que nesta noite as meigas se deitan sobre a herba, transferíndolle os seus poderes. Para cura-la sarna o enfermo ten que durmir, nu, entre o centeo, ou correr entre el ou botarse a rolos sobre a herba húmida, tamén en coiro. Outra fórmula curativa consiste en espirse e coloca-la roupa na póla dun carballo, contra o que se refrega ás 12 da noite; logo debe bañarse nun río próximo e vestirse con roupa nova, deixando a vella na árbore. Estas operacións practícanse, por exemplo, en Melide ou en Monterrei.Lis Quibén, ?, p. 307.Taboada. 1980. p. 21 Colocando ó sereno durante esta noite a roupa de inverno queda protexida contra a couza (en Verín).

O gando sácase das cortes e lévase a andar sobre a herba —ou ben déixase ó relente toda a noite— para que reciba o orballo de san Xoán, que o protexerá das enfermidades durante o ano.

Vicente Risco recolle a crenza na zona da comarca da Limia de que durante a noite de san Xoán poden escoitarse as campás da cidade de Antioquía, asolagada baixo as augas da lagoa de Antela.

Herbas de san Xoán

Diferentes herbas, aromáticas ou non, e flores recollidas a véspera de san Xoán, posúen tamén propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite. Resulta difícil establece-la lista das herbas que se han considerar como herbas de san Xoán, xa que se comproba unha gran variabilidade ó longo de Galicia. Si que se adoita da-la cifra de sete herbas diferentes Nótese: sete herbas, sete saltos sobre o lume, beber de sete fontes, recibir sete ondas do mar..

miniatura|Romeu, unha das herbas de san Xoán. Xesús Taboada Chivite recolle unha longa relación, entre as que están a dedaleira, o fiúncho, o codeso, o fento macho, o trobisco (Daphne gnidium), a espadana, a abeluria ou herba de san Xoán, a malva, a artemisa (Artemisa vulgaris), o romeu, a macela ou matricaria, a herba punteira (Sempervivum tectorum), a herba luísa, a roseira, ou follas de nogueira, de bieiteiro, de ameneiro ou de carballo.

Hai que deixar estas plantas e flores nunha talla con auga á intemperie durante a noite, e lavarse con elas na mañá seguinte; en certas zonas este lavado ha facerse mirando ó Oriente, para recibir as primeiras raiolas do sol. Deste xeito búscase curar e previr enfermidades cutáneas e rexuvenece-la pel.

Tamén existe a crenza de que protexen a casa contra as meigas (que nesta noite andan especialmente libres polas rúas), colocando ramallos de flores nas portas e ventás. Esta propiedade protectora consérvana durante o resto do ano: hai que seca-las herbas de san Xoán e dependuralas logo nalgún lugar da casa para evita-la entrada das meigas.