O abetouro bruón ou abetouro común"Abetouro común (Botaurus stellaris). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia. (Botaurus stellaris) e unha ave da familia das garzas (Ardeidae).
Descrición Unha miga meirande ca un galo doméstico: ata 76 cm de lonxitude e 1,35 kg de peso. A envergadura das ás chega ós 130 cm. Ten aspecto gordecho, co pescozo gordo e patas curtas. O peteiro, relativamente curto, é forte e de cor amarela agrisada. A plumaxe está finamente listada de negro, castaño e branco. A plumaxe castaña e manchada sérvelle para mimetizarse moi ben nos canavais. Cando sente a proximidade dun intruso, fica quieto co bico apuntando cara a arriba e móvese coma unha planta abaneada polo vento. Nesta posición pode aguantar ata que o intruso está moi preto. A chamada de cortexo dos machos, que recorda o abracar dun touro, pode escoitarse a quilómetros de distancia
Distribución Cría dende Portugal ata Xapón e á illa de Sakhalin. No sur vive dende o noroeste de África ata Irán, Afganistán e ata a península de Corea. No continente europeo aniña na Europa meridional e central. Na Península Ibérica aniña no centro e no sur, en Galiza actualmente pode considerarse como moi raro.
Hábitat Vive en zonas acuáticas coma lagos, pantanos e estanques. Precisa vexetación con zonas de canavais e xunqueiras mestas, polas que se despraza axilmente, nas que fai o niño e onde atopa abeiro. Para alimentarse precisa zonas de vexetación baixa á beira da auga ou augas abertas
300 px|esquerda|miniatura|Abetouro bruón no zoo de Poznan Reprodución
Os machos son polígamos e non se ocupan de chocar ou alimentar ós polos. Sábese de machos que se aparellan con ata sete femias reprodutoras. A época de face-lo niño varía mesmo entre as aves que viven na mesma área. Constrúeno en zonas de mato espeso, con canas e xuncos, e cóbreno con follas e herba seca. O diámetro é duns 50 cm e a altura duns 30. Poñen entre 3 e 7 ovos, nun período de entre 2 e 3 días entre a primeira e a última posta. A femia comeza a chocar en poñendo o primeiro. Incuban ámbolos dous membros da parella, aínda que o macho o fai en poucas ocasións. Os pitos rompen a casca despois de 25 ou 26 días de incubación, e comezan a saír do niño dúas ou tres semanas despois, aínda que ata que teñen máis de dous meses non poden voar, momento no que a familia se separa.
Status A súa poboación está en forte regresión en Europa a causa da desaparición das zonas húmidas. A drenaxe de moitas zonas de nidificación e a falta de vexetación palustre ameazan a súa supervivencia. A isto hai que sumarlle as molestias que lles causan as actividades lúdicas que teñen lugar nas súas áreas de cría (foxen deseguida das zonas frecuentadas) e, nalgunhas zonas, a caza. Entre 1970 e 1990 a poboación europea reduciuse nun 20%.
Por esta situación de perigo crítico, a SEO/BirdLife declarou o abetouro bruón como Ave do Ano 2024."El avetoro común, que canta con un mugido, elegido Ave del Año 2024" (La Voz de Galicia 12.01.2024).
Nome común noutras linguas Danés: Rørdrum Alemán ; Rohrdommel Inglés: Great Bittern Español :Avetoro Francés: Butor étoilé Húngaro: Bölömbika Italiano: Tarabuso Neerlandés; Roerdomp Ruso: Bolxaia vyp’
Notas
Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas
Categoría:Ardeidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Eurasia Categoría:Aves de Galicia