A agatuñadeira eurasiática, tamén chamada gabeador azul ou piquelo azul, (Sitta europaea) é un paxaro da familia Passeridae, estendido por Asia e Europa, excepto, algunhas zonas como Irlanda e a maior parte de Escocia, onde é descoñecido.
É moi sociábel, excepto en período de reprodución. É extremadamente áxil e escala nas árbores con facilidade, e moitas veces, descende por eles cabeza abaixo.
Descrición miniatura|esquerda|150px A agatuñadeira eurasiática mide uns 14 cm de longo, e ten unha típica cabeza grande, rabo curto, pico poderoso e patas fortes. É de cor gris azulada por arriba, e ten unha especie de lista negra nos ollos. Os espécimes de Asia e do Norte de Europa (S. e. asiatica e S. e. europaea respectivamente) son brancos por embaixo, salvo no peito e na área ventral. Os exemplares de Europa occidental (S. e. caesia) teñen as partes de embaixo polo xeral dunha cor vermelliza. Os paxaros novos son versións "esvaídas" dos adultos.
É un paxaro alegre, do que é frecuente escoitar o seu son típico, un repetido "tuí-tuí-tuí".
Alimentación Durante a primavera e verán aliméntase, sobre todo, de insectos, principalmente eirugas e coleópteros; no resto do ano gosta de sementes, bagas, noces, abelás, landras, bagas de faias, que con frecuencia mete entre a cortiza para poder fender. As crías aliméntanse principalmente dos insectos que lles proporcionan os seus pais, con algunhas sementes. Os alimentos atópanse principalmente en troncos de árbores e pólas grandes, pero tamén poden buscalo en pólas máis pequenas e poden sacar alimentos do chan, especialmente fóra da época de cría. Acode aos comedeiros artificiais.
Hábitat Prefire bosques vellos con grandes árbores centenarios, mixtos ou de follaxes, sebes, parques e grandes xardíns con árbores vellas.
Reprodución Gosta dos antigos niños, forrados de cortizo e de follas, con orificio que tapiza de lama. Pon de 6 a 9 ovos, entre os meses de abril e xullo.miniatura|Ovos de Sitta europaea|centro Nomes noutras linguas Alemán: Kleiber Inglés: Nuthatch Español: Trepador azul Italiano: Picchio muratore Sueco: Nötväcka Polaco:Kowalik
Notas
Categoría:Sítidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Eurasia