Killer Barbies foi unha banda de punk rock formada en Vigo por Silvia Superstar (antiga cantante de Aerolíneas Federales) e Billy (antigo batería dos Cafres). Eran coñecidos pola súa estética xenuína tanto en discos como en concertos.

Historia O seu primeiro álbum, Dressed to Kiss, é unha clara homenaxe ao grupo Kiss e o seu disco Dressed to Kill. Na portada aparecen catro bonecas Barbie maquilladas ao estilo da mítica banda estadounidense imitando a portada do celebrado disco. En 1996 rodan a película Killer Barbys (o troco do nome parece que se debe a problemas legais con Mattel) co director de cine Jess Franco, e Radical Fruit escolle a súa canción "Love Killer" para o seu anuncio de promoción nas televisións de toda Europa. O seu maior éxito acadárono en Alemaña e o Xapón.

A banda disolveuse trala ruptura da parella sentimental que formaban Silvia e Billy.

Discografía EPs e singles I wanna live in Tromaville (1994) Elvis live!! (1994) Comic books (1995) Love killer (1996) Attack of the Killer Barbies (1997) Crazy (1998) Mars (2000) Downtown (2000)

LPs Dressed to Kiss (1995) ...Only for freaks (1996) Big muff (1998) Fucking cool (1999) Bad taste (2000) Sin is in (2003) Freakshow (2004, CD+DVD) Bad Taste; Sin is in (2006, caixa 2 CD's)

Colaboracións A cantar con Xabarín (1995, TVG, co tema "Xabarín contra O Doutor No" A cantar con Xabarín, Volumen III e IV (1996, TVG) co tema "Spiderman" Freaktown B.S.O The Killer Barbies (1996, Subterfuge), cos temas "Love Killer", "The Chainsaw Times" e "No Future" Intoxicación (1999, Toxic Records), cos temas "El Resplandor" e "Sólo Para Ti" Gente Pez" B.S.O (2001, Pias Recordings), cos temas "gente Pez" e "Autosuficiencia" Zapping'' (2001, Blanco y Negro), co tema "These Boots Are Made For Walking"

Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais do Xabarín Club Categoría:Grupos de rock en galego