O Día Internacional dos Museos celébrase en todo o mundo o 18 de maio desde que, en 1977, o Consello Internacional de Museos (International Council of Museums, ICOM), propuxese esta actividade na súa XII Asemblea Xeral celebrada en Moscova.
miniatura|Visita escolar ó Museo do Louvre
O obxectivo do Día é achega-los museos á sociedade e o público en xeral, en resposta a un concepto de museo como institución cultural e histórica ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento.
“Os Museos son un importante instrumento para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas e o avance do mutuo entendemento, da cooperación e da paz entre os pobos” (Resolución do ICOM do 28.05.1977).
Simultaneamente, trata de chama-la atención dos gobernos e institucións de que dependan os diferentes museos para darlles a coñece-las súas necesidades e instarlles a fornecer de medios e persoal para que poidan desenvolve-las súas funcións.
Día Internacional 2007
miniatura|Casa das Ciencias, A Coruña
Cada ano, o Día Internacional do Museo celébrase baixo un lema diferente. No ano 2007 foi: “Museos e Patrimonio Universal”. A presidenta do ICOM, Alissandra Cummins, xustificaba así a elección desta mensaxe: "Todos somos responsables do patrimonio universal. Este ano, moito máis que nunca, temos que lograr que todo o mundo adquira conciencia do papel que desempeñan os museos no labor de ensinarno-la responsabilidade individual e colectiva que temos con respecto ó patrimonio mundial".
Na celebración destes actos, invitábase ós museos e entidades a mostrar á sociedade, en calidade de membros dunha familia, barrio, tribo, nación, etnia ou relixión, e mesmo en calidade de cidadáns en tódolos sentidos, que todos somos responsables, conxuntamente e por separado, do aproveitamento compartido e da protección dos nosos respectivos patrimonios, que á vez forman un patrimonio común de toda a humanidade.
Edicións anteriores
1992: Os Museos e o seu contorno. 1993: Museos e Pobos Indíxenas. 1994: Xunto ós escenarios nos museos. 1995: Resposta e Responsabilidade. 1996: Coleccionando para o día de mañá. 1997-98: A loita contra o tráfico ilícito do patrimonio cultural. 1999: O pracer de descubrir. 2000: Museos para o Diálogo. 2001: Museos, Cultura e Sociedade. 2002: Museos e Globalización. 2003: Os Museos e mailos seus amigos. 2004: Os Museos e o patrimonio inmaterial. 2005: O Museo, ponte entre culturas. 2006: O Museo e os mozos.
Notas
Véxase tamén
Páxina oficial do Consello Internacional de Museos (ICOM)
Categoría:Días de concienciación