Un meiriño (do latín maiorinus) era un cargo da administración de xustiza durante a Idade Media e a Idade Moderna que se podía referir a dúas funcións ben distintas.
Características Meiriño ou oficial de xustiza (tamén chamado sagio ou saión, en castelán sayón): tiña atribucións diversas; entre outras, era o encargado de prender, citar, peñorar e cumprir calquera mandado xudicial. A figura corresponde ao actual "oficial de xustiza" do dereito español, denominación que tamén se dá no dereito portugués (aínda se utiliza no Brasil), que conserva a denominación tradicional común ao galego.Segundo o Indice Fundamental do Direito: Não se confundia com o meirinho-mor, funcionário de alto nível nomeado pelo rei, com atribuições de importância maior, sendo dotado de jurisdição, exercida no seu meirinhado.
Meiriño mor (en castelán merino mayor) referíase aos corrixidores ou adiantados que eran os delegados do rei nun territorio denominado meiriñado (e nomeados por el), na que fiscalizaban a administración da xustiza.
Segundo a Historia do Dereito Portugués:
A diferenza entre os dous postos vén de antigo, pois xa está presente nas Partidas de Afonso X:
Partidas, 2 , 9, 23.
Como se ve, o meiriño mor "fai xustiza", isto é, xulga. O meiriño-saión só fai que se cumpran estas decisións (aínda que non só ás ordes dun meiriño-mor, se non de calquera administrador de xustiza: xuíces, ouvidores, vigairos...).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Funcións do merino no Fuero viejo de Castilla No foro de Puebla de Sanabria
Categoría:Idade Media Categoría:Historia do dereito Categoría:Títulos