Xoana de Arco (O seu nome foi escrito nunha variedade de formas, en particular antes da metade do século XIX. Véxase Pernoud and Clin, pp. 220–221. A súa firma aparece como "Jehanne" (véxase www.stjoan-center.com/Album/, parts 47 and 49; tamén se observa en Pernoud e Clin) .), nada o 5 ou o 6 de xaneiroAs referencias bibliográficas modernas adoitan fixar o seu día de nacemento o 6 de xaneiro. O certo é que ela mesma só foi capaz de supoñer a súa propia idade: cando lle foi preguntada durante o seu proceso, respondeu « 19 anos, aproximadamente, creo. » - Fonte: Le procès de Jeanne d'Arc [arquive]. Todas as testemuñas do xuízo tamén estimaron aproximadamente a súa idade malia que moitos foron as súas padriños e madriñas. A data do 6 de xaneiro provén dunha soa fonte: unha carta do diplomático do reino de Francia Perceval de Boulainvilliers o duque de Milan escrita o 21 de xuño de 1429 : « Veu á luz da nosa vida mortal na noite da Epifanía do Señor». (ver Xoana de Arco por si mesma e polas súas testemuñas, de Régine Pernoud, p. 98. O nacemento probablemente non foi rexistrado xa que a práctica de rexistrar os nacementos dos plebeos (ou xente que non era nobre) non comezou ata uns séculos máis tarde. de 1412 en Domrémy-la-Pucelle (un pequeno poboado sito no departamento francés de Vosgos) e finada o 30 de maio de 1431 en Ruán, tamén coñecida como a Doncela de Orleáns (ou, en francés, la Pucelle d'Orléans), foi unha heroína, militar e santa francesa. A súa festividade conmemórase o día da súa morte, o 30 de maio, como é tradición na igrexa católica.

Nada entre 1407 e 1412, con 17 anos encabezou o exército real francés. Convenceu o rei Carlos VII de que expulsaría os ingleses de Francia e este deulle autoridade sobre o seu exército no sitio de Orleáns, a batalla de Patay e outros enfrontamentos en 1429 e 1430. Estas campañas revitalizaron a facción de Carlos VII durante a guerra dos Cen Anos e permitiron a coroación do monarca. Como recompensa, o rei absolveu Domrémy, vila natal de Xoana, de pagarlle o imposto anual á coroa (esta lei estivo en vigor ata hai cen anos). Os borgoñóns capturaron a Xoana e entregárona aos ingleses. Os clérigos condenárona por herexía e o duque Xoán de Lancaster queimouna viva en Ruán.

A gran maioría de datos sobre a súa vida baséanse nas actas dese proceso, pero están en certa forma provistos de descrédito, pois segundo diversas testemuñas do xuízo, estiveron cheos de correccións e datos falsos introducidos por orde do bispo Pierre Cauchon. Entre estas testemuñas estaba o escribán oficial, designado só como Manchon, que afirma que en ocasións había secretarios agochados detrás das cortinas da sala agardando instrucións para borrar ou agregar cousas das actas.

Vinte e cinco anos logo da súa condena, o rei Carlos VII instigou a Igrexa a que revisase aquel xuízo inquisitorial, ditaminando o papa Nicolao V a inconveniencia da súa reapertura naqueles momentos, debido aos recentes éxitos militares de Francia sobre Inglaterra e á posibilidade de que os ingleses o tomasen, naqueles delicados momentos, como unha afronta por parte de Roma. Doutra banda, a familia de Xoana tamén reuniu as probas necesarias para a revisión do xuízo e envioullas o Papa, pero este negouse definitivamente a reabrir o proceso.

Á morte de Nicolao V, foi elixido papa o valenciano Calisto III (nado como Alfons de Borja i de Llançol) o 8 de abril de 1455, e foi el quen dispuxo que se reabrise o proceso. A súa inocencia foi recoñecida ese mesmo ano nunha apelación do xuízo, grazas a un proceso onde houbo moitos testemuños e declarouse herexes aos xuíces que a condenaron. Finalmente, xa no século XX, foi beatificada en 1909 polo papa Pío X e posteriormente declarada santa en 1920 polo papa Bieito XV. Ese mesmo ano, foi declarada como a santa patroa de Francia.Un tribunal presidido polo inquisidor Jean Bréhal volveu reabrir o seu caso trala guerra. O novo veredicto invalidou o orixinal e describiu o proceso anterior como "corrupto, calumnioso, fraudulento e malicioso". (Recuperado o 12 de febreiro de 2006)

A súa fama estendeuse inmediatamente logo da súa morte: venerada pola Liga Católica no século XVI, adoptada como símbolo cultural polos círculos patrióticos franceses dende o século XIX, foi unha inspiración para as forzas aliadas durante a primeira e a segunda guerra mundial.

Popularmente, Xoana de Arco é contemplada por moitas persoas como unha muller notable: valente, vigorosa e cunha grande fe. Foi un referente para as sufraxistas inglesas, e algunhas delas como Marjery Bryce manifestáronse vestidas como ela. Hoxe en día é obxecto de especial interese na República de Irlanda, Canadá, Reino Unido e Estados Unidos. No movemento do Escultismo é a Santa Patroa dos guidistas.

Antecedentes O conflito da guerra dos Cen Anos

Tras a morte sen descendencia de Eduardo o Confesor e o breve reinado do rei Haroldo II, o trono de Inglaterra foi conquistado en 1066 (batalla de Hastings) polo francés Guillerme o Conquistador, duque de Normandía. Estes feitos constituíron a primeira disputa de sucesión (debida aos parentescos entre as nobrezas de ambos os dous territorios), dando inicio a unha duradeira rivalidade entre ambos os dous reinos. Co tempo, os reis de Inglaterra reuniron varios dos maiores ducados de Francia: Aquitania, Poitiu, Bretaña.

Os intentos de Francia por recuperar os territorios perdidos precipitaron un dos máis longos e sanguentos conflitos da historia da humanidade: a guerra dos Cen Anos, que durou en realidade 116 e produciu millóns de mortos e a destrución de case toda a Francia setentrional. miniatura|Filipe VI de Francia, na Biblioteca Nacional de Francia. Os intereses de unificar as coroas concretáronse á morte do rei francés Carlos IV en 1328. Filipe de Valois, francés e sucesor grazas á lei sálica (Carlos IV non tivera descendencia masculina), proclamouse rei de Francia o 27 de maio de 1328 (reinou como Filipe VI de Francia). Filipe xa se convertera en rexente tras a morte de Carlos IV mentres se esperaba o nacemento do fillo póstumo do rei defunto, que finalmente resultou ser unha nena.

A guerra dos Cen Anos comezaría en 1337, cando Filipe VI reclamou o feudo da Gascuña a Eduardo III (aferrándose á lei feudal) despois de varias incursións polo Canal da Mancha nun intento de restaurar no trono escocés o rei David II (aliado francés exiliado a Francia dende xuño de 1333), pretextando que non respectaba o seu rei. Entón, o 1 de novembro Eduardo III responde plantándose nas portas de París e declarando por medio do bispo de Lincoln que el era o candidato axeitado para ocupar o trono francés.

Inglaterra gañaría importantes batallas como Crécy (1346) e Poitiers (1356), xa co relevo de Xoán II no canto de Filipe VI, e obtería a inesperada vitoria de Agincourt en 1415, baixo a competente dirección do rei Henrique V.

Unha grave enfermidade do rei francés propiciou a loita polo poder entre o seu primo Xoán I de Borgoña ou Xoán sen Medo e o irmán de Carlos VI, Lois de Orleáns. O 23 de novembro de 1407, cométese o asasinato do armagnac Lois de Orleáns nas rúas de París e por orde do borgoñón. As dúas ramas da familia real francesa divídense en dúas faccións: os que daban soporte o duque de Borgoña (borgoñóns) e os que apoiaban o de Orleáns e despois a Carlos VII, Delfín de Francia (que foi desherdado ou deslexitimado dende 1420) (armagnacs), ligados á causa de Orleáns á morte de Lois. Co asasinato do armagnac, ambos os dous bandos enfrontáronse nunha guerra civil e buscaron o apoio dos ingleses. Os partidarios do duque de Orleáns, en 1414, viron rexeitada unha proposta aos ingleses, os cales finalmente pactaron cos borgoñóns.

Á morte de Carlos VI en 1422 é coroado rei de Francia o fillo de Henrique V e Catarina de Valois, o infante Henrique VI (polo tanto, Henrique VI de Inglaterra e I de Francia); en tanto que os armagnacs non deron o seu brazo a torcer e mantivéronse fieis o fillo do rei francés, Carlos VII, quen foi coroado tamén en 1422 de forma nominal en Berry, a falta de impoñelo como rei de facto, pero destronando o inglés de iure.

A orixe de Xoana e o contexto do seu tempo O seu nome De acordo cos datos solicitados no proceso de Ruán, Xoana fíxose chamar sempre «Xoana a Doncela». No entanto, como ela mesma comentou, «dentro do meu pobo chamábanme Jehannette. En Francia, chamábanme Jehanne desde a miña chegada».O seu nome escribíase de moitos xeitos, especialmente antes do século XIX. Ver Pernoud e Clin, pp. 220;221. Supostamente ela asinaba o seu nome como "Jehanne" (ver www.stjoan-center.com/Album/, partes 47 e 49; tamén se menciona isto en Pernoud e Clin).

Posteriormente, engadiríaselle a palabra «Darc» como apelido, para referirse a ela de forma oficial (a falta de apóstrofo na súa versión francesa —d'Arc— débese á inexistencia de tal signo na Idade Media). Arco (arc) provén do apelido do seu pai, Jacques Darc, cuxas raíces familiares estaban posiblemente en dous pobos, Arc-en-Barrois ou Art-sur-Meurthe, pobos moi próximos onde se cre que naceu «a Pucelle». O nome, no entanto, varía (Arc, Ars, Ai…) dadas as diferenzas na versión antiga de Art sur Meurthe (onde se reduce a erre).

A denominación de «Jehanne d'Arc» atópase na obra dun poeta de Orleáns cara a 1576; «Jehanne» transcríbese hoxe en día como «Jeanne».

Os seus pais Os seus pais156px160px Jaques d'Arc. Isabelle Romée. No proceso Xoana dixo sobre os seus pais o seguinte: «O meu pai chámase Jacques Darc e a miña nai Isabelle». Deste xeito sábese que os seus pais foron Jacques Darc e Isabelle Romée.Xuízo de Condenación, p. 37. (recuperado o 23 de marzo de 2006) . Isabelle Romée non era o nome orixinal, senón que era o sobrenome que se deu a Isabelle de Vouthon (que pertencía á parroquia de Vouthon, hoxe no departamento de Charente), como se fixo a outros unha vez que realizaban a peregrinación «de Puy» (da montaña) en vez da de Roma. De feito Xoana non deu o apelido. O seu pai Jacques era agricultor. Non era pobre pero viu de mala gana a vinda doutro novo fillo máis á súa familia, xa que Xoana tivo tres irmáns máis vellos.

O nacemento miniatura|esquerda|Casa natal de Xoana de Arco, en Domrémy, hoxe en día convertida en museo.

O debate sobre a data de nacemento da Doncela de Orleáns non o conseguiu resolver nin a mesma Xoana durante o proceso, xa que, cando lle preguntaron que idade tiña, respondeu: «Ao redor de dezanove anos, creo». Aínda que non estaba segura, a historiografía interpretou esta declaración o pé da letra. Deste xeito, restándolle a súa posible idade á data na que se realizou a pregunta durante o proceso, 24 de febreiro de 1431, o ano do seu nacemento sería probablemente 1412.

O lugar onde naceu é teoricamente Domrémy, tal e como dixo no interrogatorio de identidade do seu proceso, o 21 de febreiro de 1431; «Eu nacín na vila de Domrémy». Ademais engadiu que era unha vila dependente de Greux (inmediatamente ao norte de Domrémy), e que hoxe pasou a chamarse Domrémy-la-Pucelle, grazas a ela. Ambas pertencen actualmente ao departamento de Vosgos, na rexión da Lorena. Domrémy foi tamén o lugar onde recibiu o bautismo de mans do pai Jean Minet.

Xuventude