Scalabis (tamén orixinalmente Scallabi Castrum, Præsidium Iulium ou Colonia Scallabis Iulia) foi o antigo nome romano para a cidade portuguesa de Santarém, situada na provincia romana da Lusitania, sita entre Olisipo (hoxe Lisboa) e Augusta Emerita (a actual Mérida). Plinio o Vello indica que era colonia romana ( Praesidium Julium Scalabium ) e sede dun convento xurídico. Tolomeo menciónaa, erradamente, como Σκαλαβίσκος , probabelmente por corrupción de Σκαλαβίς κολ (colonia).

Historia A primeira ocupación humana documentada data do século VIII a. C. Tamén hai evidencias de comercio cos fenicios, favorecido pola súa localización como un posto comercial no río Texo.

Os romanos chegaron a esta rexión no ano 138 a. C. e instaláronse na cidade, co nome de Scallabis, e limitándose á zona fortificada actualmente coñecida como Alcáçova de Santarém.

Unha última designación foi " Scallabis Praesidium Iulium ", dada por Xulio César no 61 a. C., coa instalación dun campamento militar xunto ás fortificacións anteriores. A maioría dos cidadáns estaban entón inscritos na gens romana Sergia.

A cidade converteuse nun dos centros administrativos máis importantes da provincia de Lusitania no século I d. C., como cabeza dun conventus iuridicus, o Conventus Scallabitanus que incluía cidades como Olisipo , Seilium e Conímbriga. Estaba unida por importantes estradas a Olisipo, Bracara Augusta.

En 460 Escalabe foi conquistada por Sunirico (xunto con Nepociano e Teodorico II ) como parte dunha campaña contra os suevos. O dominio romano rematou, coa cidade pasando a formar parte do Reino Visigodo.

Coas invasións alanas e vándalas, a cidade pasou a ser coñecida como " Sancta Irene ", a raíz do nome actual " Santarém ".

Notas

Categoría:Lusitania Categoría:Cidades da Roma antiga en Portugal