A electroquímica é unha póla da química que estuda as reaccións que toman lugar na interfase dun condutor eléctrico, onde o eléctrodo está composto dun metal ou un semicondutor (incluíndo o grafito) e un condutor iónico (o electrólito).

Se unha reacción química é causada por unha voltaxe externa, ou se a voltaxe é causada por unha reacción química, como o que sucede nunha batería, trátase dunha reacción electroquímica. Polo xeral a electroquímica encárgase de estudar as situacións onde as reaccións de redución-oxidación ocorren en dous compartimentos separados. A transferencia directa de cargas dunha molécula a outra non é de interese na electroquímica.miniatura|O químico John Daniell (esquerda) e o físico Michael Faraday (dereita), fundadores da electroquímica.|centro

Electroquímica Categoría:Disciplinas da química