O río Deva é un curso fluvial da provincia de Pontevedra, afluente do Miño pola súa marxe dereita.

Percorrido O Deva nace a 800 m de altitude no sitio denominado Teso de Deva, marcando unha dirección de curso N-S. Percorre un total de 21 km, antes verter as súas augas no Miño. A súa conca ten uns 92,3 km². O caudal medio é de 3,70 m³/s.

Réxime hídrico É un río de réxime pluvial, pois a pluviosidade media da súa conca calcúlase en 1.608 mm anuais.

Etimoloxía O seu nome ten orixe céltica, e está formado pola raíz indoeuropea dei- 'brillar', a mesma que deu orixe en latín a dies (galego día). O significado orixinario tanto pode facer referencia ao brillo das súas augas como á súa condición divina. O nome repítese en Galiza mesmo, no río Deva da Terra de Celanova. Hai outro Deva en Cantabria. Na Galia o antigo Devona ou o británico Devon.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Deva (nome)

Deva, Paradanta Deva, Paradanta Categoría:Afluentes do Miño