A Gudiña é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana, o seu xentilicio é «gudiñao/á».
Toponimia Topónimo derivado do antropónimo xermánico Gotina. O Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar recolle a forma Agudiña como apelido da muller que edificou unha pousada que despois orixinaría a vila, existe a crenza de que tamén podería vir da "agudeza" desta muller polo que orixinaría deste alcume.
Xeografía O concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste co Riós.
Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52. A estrada OU-533 une a vila da Gudiña coa da Rúa, pasando por Viana do Bolo. Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín.
Pola Gudiña pasa, pola rúa Maior, a Vía da Prata do Camiño de Santiago. Ao carón da igrexa de San Martiño, a vía divídese na variante sur, por Verín, e na variante norte, por Laza, denominada Camiño Antigo ou Verea dos Galegos.
Historia No concello consérvanse restos megalíticos, con varias mámoas, como as mámoas da Cabeza do Cichón, preto de onde se atopou en 1992 o menhir do Tameirón, ou a mámoa do Val da Lagoa; así como os restos de varios poboados castrexos. Durante a romanización de Galicia houbo unha explotación mineira de estaño.
O 15 de maio de 1167, Fernando II doou ao mosteiro de Montederramo mediante un privilexio a herdade da Coelleira. esquerda|miniatura|A Gudiña nun mapa da diocese de Ourense de 1763 de Cornide. O 15 de xuño de 1506 pasaron a noite na vila o rei Filipe I de Castela e a súa muller Xoana, que desembarcaran na Coruña e se dirixían preto da Pobra de Seabra para se reuniren o día 20 con Fernando II de Aragón. Dado que os habitantes acudiran a recibilos cando comeron no mesón da Canda, o rei concedeulles en Cédula Real o uso dun escudo coa coroa real, consistente nun brasón dividido en dúas metades cun triángulo no ángulo inferior.
A igrexa de San Martiño, construída entre os séculos XVII e XVIII, presenta dous escudos, moi erosionados, do Conde de Monterrei.
O edificio do cárcere tiña o escudo da casa de Monterrei.
En 1911 o militar monárquico Henrique Mitchell de Paiva Couceiro lanza desde aquí a primeira incursión monárquica contra a recentemente nacida república de Portugal atacando Chaves, pero ao ser derrotado regresa, ao ano seguinte e no 1919 segue lanzando incursións armadas contra Portugal ao ter neste lado da raia seca a complicidade discreta do goberno español.
Demografía
Irmandamentos O concello da Gudiña está irmandado co de Puebla de Zaragoza (México), anteriormente chamado Puebla de los Ángeles, onde faleceu o misioneiro gudiñao Sebastián de Aparicio.
Puebla de Zaragoza
A Gudiña na literatura popular Nos refráns Na Gudiña, cada catro unha sardiña.Clodio González Pérez: O refraneiro do mar, Deputación Provincial de Pontevedra, 1988, 41.
Nas cantigas O gaiteiro da Gudiña/ e mais o da Martiñá/ andan en pleito co vento/ e non sei quen gañará.. Martiñán é lugar da parroquia e concello de Bande.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares da Gudiña Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Gudiña vexa: Lugares da Gudiña.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais na Gudiña
Ligazóns externas Vicente Feijoo en "O Seminario de Onomástica responde (Real Academia Galega, 25.11.2021)
Categoría:A Gudiña Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía