Isabel ITanto a Enciclopedia Galega Universal como a Diciopedia do século 21 utilizan esta forma (en inglés Elizabeth I), nada no Palacio de Placentia o 7 de setembro de 1533 e finada no Palacio de Richmond o 24 de marzo de 1603, foi raíña de Inglaterra e de Irlanda desde 1558 ata a súa morte. Tamén foi coñecida polos nomes de A Raíña Virxe, Gloriana e Boa Raíña Bess.
Isabel foi filla de Henrique VIII e a súa segunda muller, Ana Bolena, quen foi executada cando Isabel tiña dous anos e medio. O matrimonio de Ana e Henrique foi declarado nulo, polo que Isabel foi considerada como filla ilexítima. O seu medio irmán, Eduardo VI, herdou o trono inglés tras a morte de Henrique VIII en 1547, e gobernou ata a súa propia morte en 1553, deixando a coroa en mans de Lady Jane Grey, ignorando as reclamacións das súas irmás Isabel e María, por medio da Terceira Acta de Sucesión. A decisión de Eduardo foi finalmente rexeitada e María converteuse na raíña. María I de Inglaterra mandou encerrar a Jane Grey na Torre de Londes, onde morreu en 1554. Pola súa banda Isabel foi encerrada baixo a sospeita de apoiar aos rebeldes protestantes.
En 1558, tras a morte de María sen herdeiros, Isabel converteuse na nova raíña. O seu reinado é coñecido como o Período isabelino ou Era Dourada. Foi un período de desenvolvemento, marcado polos primeiros pasos na fundación daquilo que sería o Imperio Británico, e pola produción artística crecente, principalmente na dramaturxia, que rendeu nomes como Christopher Marlowe e William Shakespeare. No campo da navegación, o capitán Francis Drake foi o primeiro inglés en dar a volta ao mundo, mentres no área do pensamento Francis Bacon predicou as súas ideas políticas e filosóficas. Os cambios estendíanse á América do Norte, onde se deron as primeiras tentativas de colonización, que resultaron en xeral en fracasos. miniatura|Isabel I no anverso dun soberano ca. 1558-1603. Isabel foi unha monarca temperamental e moi decidida. Esta última característica, vista con impaciencia polos seus conselleiros, frecuentemente a mantiña lonxe de desavinzas políticas. Así como seu pai, Henrique VIII, Isabel era afeccionada a escribir, tanto prosa como poesía.
O seu reinado estivo marcado pola prudencia na concesión de honras e títulos. Soamente oito títulos maiores: un de conde e sete de barón no reino de Inglaterra, máis un baronato en Irlanda, foron creados durante o seu reinado. Isabel tamén reduciu substancialmente o número de conselleiros privados, de trinta e nove a dezanove. Máis tarde, pasaron a ser só catorce conselleiros.
A colonia inglesa de Virxinia (futuro estado norteamericano, logo da independencia dos Estados Unidos), recibiu ese nome en homenaxe a Isabel I.
Mocidade miniatura|esquerda|250px|Brasón da Casa de Tudor. Isabel era a única filla viva do rei Henrique VIII coa súa segunda esposa, Ana Bolena, marquesa de Pembroke, con quen casou en segredo, estímase, entre o inverno de 1532 e xaneiro do ano seguinte. Naceu no palacio de Placentia, sito en Greenwich, o 7 de setembro de 1533. Henrique preferiría un fillo home para asegurar a sucesión da Casa de Tudor, pero no momento do seu nacemento, Isabel era a presunta herdeira ao trono de Inglaterra. Logo de que a raíña Ana non tivera un herdeiro masculino, Henrique mandou que fose executada, baixo a falsa acusación de traizón (a práctica de adulterio contra o rei era considerada traizón), de incesto co seu irmán máis vello e de bruxaría. Isabel tiña entón tres anos de idade e foi declarada ilexítima, perdendo o título de princesa, e foi nomeada, simplemente, como lady Isabel e viviu no exilio, mentres o seu pai casaba e se divorciaba de varias outras mulleres. A última esposa do rei, Catarina Parr, insistiu na reconciliación entre os dous, e Isabel, xunto coa súa medio-irmá María, filla de Catarina de Aragón, foi restablecida na liña de sucesión tralo príncipe Eduardo.
A primeira titora de Isabel foi lady Bryan, unha baronesa á que Isabel chamaba "Muggie". Con catro anos, a titora da princesa pasou a ser Catarina Chapernowne. Chapernowne desenvolveu unha relación moi próxima con Isabel e converteuse na súa confidente e amiga para o resto da súa vida. Fora designada pola propia Ana Bolena antes de que esta fose executada. Matthew Parker, o confesor da súa nai, mantiña un especial interese polo benestar de Isabel, principalmente despois de que Ana, xa temendo pola súa morte, confiáselle a paz espiritual da súa filla. Máis tarde, Parker converteríase no primeiro arcebispo de Canterbury en asumir o cargo trala coroación de Isabel.
Henrique VIII morreu en 1547 e foi sucedido por Eduardo VI. Catherine Parr casou con Thomas Seymour e levou a Isabel para a súa casa. Seria aí onde Isabel recibiría a súa instrución formal. Abnegada, aprendeu a falar ou ler en seis idiomas: a lingua do seu país, o inglés, así como o francés, italiano, castelán, grego e latín. Baixo a influencia de lady Parr e de seu profesor Roger Ascham, converteuse ao protestantismo.
En 1553, Eduardo morría con quince anos, deixando un testamento que substituía o de seu pai. Contrariando a Lei de Sucesión de 1544, o documento excluía a María e a Isabel da sucesión ao trono e declaraba a Xoana Grey súa herdeira. Xoana ascendeu ao trono, mais foi deposta menos de dúas semanas despois. Apoiada polo pobo, María entrou triunfante en Londres, coa súa medio-irmá Isabel ao seu lado.
María, despois de consolidar un casamento co príncipe español Filipe, futuro rei Filipe II, pasou a temer unha posible deposición e substitución por Isabel. O duque de Suffolk volveu proclamar que a súa filla Lady Jane Grey era a raíña. En apoio a Isabel, Thomas Wyatt liderou unha forza invicta ata a súa chegada a Londres desde Kent. Tras ser esmagadas as rebelións, o duque de Suffolk, a súa filla Lady Jane Grey e o seu marido foron encarcerados por alta traizón e executados. Isabel, a pesar de declarar a súa inocencia no caso Wyatt foi encarcerada durante dous meses na Torre de Londres e máis tarde baixo arresto domiciliado no Palacio de Woodstock. O español esixiu a execución de Isabel, pero poucos ingleses terían interese na execución dun membro da popular dinastía de Tudor. María tentou retirar a Isabel da liña de sucesión, mais o parlamento non o permitiu. Logo de dous meses na Torre, Isabel foi posta en prisión no seu domicilio baixo a garda de Sir Henry Bedingfield. A finais dese mesmo ano, cando María pensaba estar grávida, permitíuselle a Isabel retornar á corte co consentimento do propio Filipe, dado que este estaba preocupado coa posibilidade de que, a consecuencia da morte da súa esposa durante o parto, esta fora sucedida por María Estuardo, que acabou por converterse en raíña de Escocia. Durante o tempo restante do seu reinado, María I (que era católica fervorosa) perseguiu os protestantes de forma implacable. Tentou converter a Isabel, que finxiu ser católica, mantendo, na realidade, as súas crenzas protestantes.
Comezo do reinado miniatura|dereita|200px|Coroación de Isabel I En 1558, cando morreu María I, Isabel ascendeu ao trono. Era moito máis popular que a súa irmá. Dise que cando se soubo da morte de María, moitas persoas saíron ás rúas a celebralo.
Isabel foi coroada o 15 de xaneiro de 1559. Non había un arcebispo de Canterbury na época para presidir a cerimonia. O último católico en ocupar o posto foi o cardeal Reginald Pole, que morreu poucas horas despois da raíña María. Como os principais bispos declinaran en participar na coroación (porque Isabel era filla ilexítima tanto baixo o dereito canónico como pola estatutaria, ademais de ser protestante), foi Owen Oglethorpe, un bispo de menor importancia, de Carlisle, quen a coroou. A comuñón non foi celebrada por Oglethorpe, senón polo capelán persoal da raíña, para evitar o uso dos ritos católicos. A coroación de Isabel I foi a última en que o latín foi usado durante a celebración, pasando as celebracións posteriores a ser en inglés. Máis tarde, Isabel conseguiu convencer o capelán da súa nai, o xa citado Matthew Parker, de converterse en arcebispo. Este aceptou, soamente por lealdade e honra á memoria da nai da raíña, visto que consideraba particularmente complicado servir a Isabel.
Un dos asuntos máis importantes durante o inicio do reinado de Isabel foi de materia relixiosa. O primeiro home escollido para tratar da cuestión foi sir William Cecil. A Lei de Uniformidade de 1559 requiría o uso do Libro de Oración Común dos protestantes nos servizos da igrexa. O control papal sobre a Igrexa de Inglaterra fora restabelecido baixo María I, pero foi anulado por Isabel. A propia raíña asumiu o título de "Suprema Gobernante da Igrexa Anglicana", en vez de "Cabeza Suprema", xa que diversos bispos e outras figuras públicas consideravan que o título era impropio para unha muller. A Lei de Supremacia de 1559 obrigaba ós oficiais públicos a facer un xuramento que recoñecía o control da soberana sobre a Igrexa, con severos castigos en caso de desobediencia.
Moitos bispos estaban insatisfeitos coa política relixiosa isabelina. Estes foran retirados da cadeira eclesiástica e substituídos por outros que mostraban maior servilismo en relación á supremacía da raíña. Apuntou tamén un consello privado enteiramente renovado, cesando a moitos conselleiros católicos no proceso. Baixo o mandato de Isabel, o faccionamento no consello e nos conflitos da corte diminuíu bastante. Os conselleiros principais de Isabel eran sir William Cecil (lord Burghley), Secretario de Estado, e sir Nicholas Bacon, Lord Gardián do Gran Selo. Entre os seus leais conselleiros e secretarios, un tornouse notorio por crear o primeiro servizo de espionaxe de Inglaterra: sir Francis Walsingham era secretario de negocios internos e xefe do servizo de espionaxe.
Isabel reduciu a influencia de España sobre Inglaterra. Aínda que Filipe II a axudara a rematar as Guerras Italianas coa paz de Cateau-Cambrésis, Isabel permaneceu diplomaticamente independente. Adoptou o principio de "Inglaterra para os ingleses". O seu outro reino, Irlanda, nunca se beneficiou de tal filosofía. A implantación de costumes inglesas en Irlanda mostrouse impopular entre os seus habitantes, así como a política relixiosa da raíña.
Logo do seu ascenso, moitos se cuestionaron sobre posibles lazos matrimoniais para Isabel. A razón de que nunca casase é incerta. Pode que sentira repulsa, motivada polos malos tratos que as esposas de Henrique VIII recibiran. Outra hipótese é que estivese afectada psicoloxicamente pola suposta relación que puidera ter con lord Seymour durante a súa infancia. Rumores da época imputábanlle un defecto físico do que estaba receosa de revelar: quizais marcas deixadas pola varíola. É tamén posible que Isabel non desexase compartir o poder da coroa ou que, dada a inestabilidade da situación política, temese ter que enfrontarse a rebelións apoiadas por faccións aristocráticas, no caso de establecer matrimonio con algún representante dalgunha desas faccións. A única cousa que se sabe con certeza é que a voda seríalle particularmente dispendiosa e custaríalle tamén certa independencia, xa que todas as propiedades e rendas de Isabel herdadas do seu pai serían súas soamente mentres estivese solteira.