Derribos Arias foi unha banda de post-punk española da década de 1980, encadrada no movemento cultural coñecido como a movida madrileña. O seu son, cru, caótico, en ocasións melódico e en ocasións cacofónico, estaba infuenciado polo afterpunk, o punk e a psicodelia, ademais de contar cun compoñente de humor absurdo definido por algúns como dadaísta ou surrealista.

Historia Derribos Arias foi un produto da creatividade de Poch (Ignacio Gasca, morreu en 1998), unha persoa extravagante, pintoresca e excesiva. Recórdaselle como protagonista dalgúns dos episodios máis delirantes da chamada Movida madrileña.

Ejecutivos Agresivos foi o primeiro proxecto de Poch con transcendencia discográfica (un single chamado "Mari Pili"). Nel participaron músicos que despois integrarían bandas como Décima Víctima ou Gabinete Caligari.

Derribos Arias durou de 1981 a 1987, pero a súa actividade discográfica cesou en 1984. Nos seus anos dourados, 1983 e 1984, rexistraron os singles "Branquias bajo el auga", "A-Flúor" e "Aprenda alemán" e o LP En la guía, en el listín. Todos contaron con boas críticas na prensa musical e unha aceptación polo público relativamente boa tendo en conta o arriscado da proposta.

En 1984 sacarían Disco Pocho, con peor acollida. Pouco despois viría a disolución do grupo.

La Banda sin Futuro foi unha experiencia posterior a Derribos Arias. Con este grupo, Poch gravou un disco que non viu a luz no seu momento e cuxa copia pirata, con temas como "Nos van a desinfectar", converteuse en xoia de coleccionistas.

A mediados dos 80, a Poch diagnosticóuselle a enfermidade de Huntington, un mal dexenerativo do sistema nervioso que altera a cognición e a mobilidade e que lle levaría á morte en 1998.

En 1991, Poch, recibiu unha homenaxe de músicos amigos e admiradores chamado El chico más pálido de la playa del Gros, un recompilatorio con cancións de Derribos Arias versionadas por formacións como Siniestro Total, Negu Gorriak, Gabinete Caligari, Glutamato Ye-ye ou Fangoria. O traballo buscaba axudar a Poch cando este entraba na fase terminal da súa enfermidade.

Membros Formación orixinal Poch: Guitarra, voz e letras Alejo Alberdi: Teclados e programacións Juan Verdera: Baixo Paul: Batería

Outros membros Deme Gómez: Baixo Ñete: Batería

Discografía Branquias bajo el agua (EP, Gasa, 1982) A-Flúor (Single/Maxi, Gasa, 1982) Aprenda alemán (Single, Gasa, 1983) En la guía, en el listín (LP, Gasa, 1983) Disco pocho (Maxi, Gasa, 1984) CD (recompilación, CD, Gasa, 1996) La centralita de información (recompilación, Disco-Libro, Dro, 2001)

Poch en soitario Poch se ha vuelto a equivocar (LP, Epic, 1985) Nuevos sistemas para viajar (LP, Gasa, 1988)

como La Banda Sin Futuro Grabaciones desinfectadas (CD, Subterfuge, 1997)

Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Movida madrileña