Kiteretsu, o primo listo de Nobita (orixinalmente Kiteretsu Daihyakka) é unha serie creada por Fujiko Fujio (tamén creador de Doraemon). É unha serie de animación protagonizada por un neno chamado Eiichi (Kiteretsu, para os seus amigos), membro dunha ancestral familia xaponesa autora dun popular dicionario de inventos. O cativo adícase a realizar inventos para solucionar problemas, seus e dos seus amigos Miyoko, Tongari e Gorila. Tamén dispón dun robot mascota creado por el mesmo chamado Korosuke.
En Galicia, podemos desfrutar desta serie no programa infantil-xuvenil da TVG Xabarín Club.
Situación
O programa está ambientado na irreal Hyōno-chō, que está situada nunha localización ambigua que posúe estación de tren, un centro comercial... Debido a que o Seibu Railway, un ferrocarril eléctrico, aparece na serie, crese (e especulouse) que a situación desta é nalgún sitio na área "Musashino" de Tokyo. A irreal cidade lindeira de Urano-chō é onde vive a tía de Miyoko. No anime, Miyoko fala un dialecto atribuído á dita cidade.
A irreal Hyakujōshima é onde se atopa a casa de vacacións da familia de Tongari. Unha familia de granxeiros vive alí e cóidalles o lugar. A illa é escasamente poboada dado que a poboación marchou a Tokyo ao estaren os dous puntos conectados por avións e transbordador.
Na serie foron mencionadas dús escolas: Hyōno e a Universidade de Takao. O primeiro é o colexio público ao que acoden Kiteretsu e os seus amigos. Durante as vacacións, as cociñeiras da cafetería usan a escola para dar clases de piano.
Non se sabe se a Universidade de Takao é privada, concertada ou pública. Benzo foi capaz de entrar na Universidade despois de intentalo seis veces durante a serie. Dez anos despois de que a serie comezara, Kiteretsu, Miyoko e Tongari entraron a estudar nesta Universidade.
Personaxes
Principais
Eiichi Kite (Kiteretsu) É un neno que constrúe os inventos que creou o seu antepasado o mestre Kiteretsu (de aí que os seus amigos o chamen normalmente así). É o primo listo de Nobita. Un dos inventos de Kiteretsu é Korosuke, un robot-samurai. Cos seus inseparables amigos (Gorila, Miyoko e Tongari) vivirá todo tipo de aventuras. Os seus maiores soños son: Coñecer o mestre Kiteretsu e casar con Miyoko.
Korosuke (Koro) É o robot-samurai creado por Kiteretsu, ademais de ser o seu mellor amigo e ser considerado por el coma un irmán máis novo. Aínda que di ser un samurai, guerreiros valentes por instinto, é moi medorento e chorica. A pesar diso sempre intentará axudar aos demais en todo o que poida, e sempre que non lle dea medo.
Secundarios
Kaoru Kumada (Gorila)
Miyoko Nonoka
Tongari Koichi
Benzo Karino
Mestre Kiteretsu
Cancións
Inicio O amor é o que fai vira-lo mundo. Mírome no espello, e, a quen vexo? Só a ti. Por se non o sabes ando namorada. Chamo como sexa a túa atención. Fago estatuas sen mover sequera un pé, e pensas que estou tola porque bailo sen parar un "rock and roll", xunta a ti.
Ti non sabes comprender unha muller, a este paso nin de vella vou casar. Kiteretsu está a voar, sempre foi un soñador. Ti non sabes comprender unha muller, a este paso nin de vella vou casar. Kiteretsu está a voar, porque o que lle vai,... é soñar.
Ti non sabes comprender unha muller, a este paso nin de vella vou casar. Kiteretsu está a voar, sempre foi un soñador.
Ti non sabes comprender unha muller, a este paso nin de vella vou casar. Kiteretsu está a voar, porque o que lle vai,... é soñar.
Final Hai quen me conta, quen me di, que da túa cabeza está a xurdir a grande idea dun creador. Non hai ninguén coma ti. Un xenio dos de antes, dos de pelo gris. Leva o teu nome, o do teu clan. Non o vou dubidar se ti me dis que si.
Nos asuntos do amor, sempre andas a velas vir. O meu corazón vai ó tope. E aínda que usas lentes nunca tes ollos pra min. Eu bebendo os ventos, por ti. Ti mentres nas nubes, sen min. Por favor, que alguén resolva o misterio, ata a fin.
Bebendo os ventos, por ti. Ti mentres nas nubes, sen min.
Bebendo os ventos, por ti. Ti mentres nas nubes, sen min. Por favor, que alguén resolva o misterio, ata a fin.
Véxase tamén Outros artigos Xabarín Club
Ligazóns externas Páxina da CRTVG de Kiteretsu
Categoría:Debuxos animados Categoría:Manga Categoría:Xabarín Club Categoría:Anime con versión galega