Xisulfo I, finado en 706Quizais 707. O Lexikon dá como data da súa morte o 698, cousa que concorda coa afirmación de Paulo Diácono sobre un reinado de dezasete anos, pero contradí claramente referencias a actos que tiveron lugar durante o pontificado de Xoán VI sobre o 705., foi o duque de Benevento desde 680, cando o seu irmán Grimoaldo morreu. O seu pai foi Romualdo I. A súa nai foi Theodrada (ou Theuderata), filla de Lopo de Friúl, e ostentou a rexencia no seu lugar nos primeiros anos do seu reinado.

Traxectoria Segundo Paulo Diácono, foi durante o seu reinado cando as reliquias de San Bieito de Nursia e Santa Escolástica a súa irmá foron levadas de Monte Cassino polos francos.

Sobre 705, Xisulfo tomou as cidades de Sora, Arpino, e Arce. Chegou ata HorreaPaulo Diácono, Capítulo XXVII. Identificada como Puteoli ou unha localización no quinto miliario da Vía Latina., saqueando e queimando, antes de que lle amosasen regalos dos embaixadores do papa Xoán VI, quen rescatou moitos dos seus prisioneiros e o conduciron a volver de onde viñera aos seus propios dominios.

Foi un duque poderoso, como o seu pai e o seu avó. Loitou contra o papa, o rei e os bizantinos. Casou con Winiperga e sucedeuno o seu fillo Romualdo II.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Lexikon des Mittelalters: Gisulf I. Herzog von Benevent (681-698). Paulo Diácono. Historia Langobardorum. Dispoñíbel en Northvegr.

Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:Longobardos Categoría:Duques de Benevento Categoría:Finados en 706 Categoría:Nados no século VII