O cardo (Cynara cardunculus) é unha planta perenne da familia das asteráceas, semellante á alcachofa (Cynara scolymus), da que ás veces se considera subespecie. É unha planta robusta que pode chegar até os 2 metros, as follas son lobuladas e que medra en terreos rochosos. É nativa da zona oeste e central do mediterráneo, onde se cultiva dende tempos remotos. Non é común en Galiza. Nalgunhas zonas (España mediterránea, Italia...) os cardos recóllese polo outono ou mesmo xa entrado o inverno para consumir o talos das súas follas (pencas) fervidos (é común coma prato na Noiteboa de zonas de Aragón e Castela).
miniatura|Cardo. miniatura|Cynara cardunculus. miniatura|Inflorescencia. miniatura|Ilustración en Ferdinand Bernhard VietzIcones Plantarum,1817.
Descrición É unha planta perenne e vivaz con raíz tuberosa. No seu primeiro ano produce unha roseta de grandes follas con até un metro de lonxitude e 0,6 m de ancho que están profundamente divididas, son pinnadas e subespiñentas co envés abrancazado e tomentoso e nervaduras moi pronunciadas. Polo segundo ano, do centro da roseta sae un longo talo acanalado de até 150 cm de altura que ramifica na súa parte superior. Os seus grandes capítulos florais son os que producen as alcachofas e teñen flores tubuladas (flósculos) de cor violeta, plumosas e sésiles, que están dispostas sobre un receptáculo carnoso arrodeado de brácteas ovais e rematadas en punta. O froito é un aquenio de cor parda escura cun penacho de consistencia sedosa.
Usos Consómense os seus talos, que se branquean tapándoos dalgún xeito ou coa propia terra durante o seu crecemento. Estes talos prepáranse xeralmente fervidos, unha vez limpos da codia espiñenta que os cobre. Os capítulos florais pódense preparar coma alcachofas.
As flores están cubertas de finos e invisíbeis espiños que causan dor ao se fixar á pel da man, con todo hai variedades que case carecen de tales vilosidades.
Require dunha prolongada (c. 5 meses) estación fresca, aínda que é sensíbel ás xeadas; tamén necesita bastante espazo por planta.
É moi invasora, téndose asilvestrado en zonas de Chile, nas pampas áridas da Arxentina, en California ou en Australia.
Hai posibilidades de obter bo biodiésel. O óleo extráese das sementes, semellante ao do xirasol en composición e uso.
As súas flores son utilizadas polas súas propiedades coagulantes para facer o leite callado dalgúns queixos ibéricos tradicionais, coma "Serra da Stela" e "Castelo Branco" (Portugal); "Queixo De Flor" de Guía (Gran Canaria), queixo de "La Serena" (Badaxoz) e a "Torta del Casar" (Cáceres) en Estremadura.
Propiedades Contén cinarina que quimicamente é o ácido 1-3 discafeilquínico e que acostuma ir acompañado polos ácidos cafeico, cloroxénico e neocloroxénico Contén o principio amargo cinaropicrina que é unha lactona sesquiterpénica que se concentra nas follas verdes antes da súa floración. Contén flavonoides derivados da luteolina, coma o cinarósido, o escolimósido e mais o cinaratriósido que son os que negrexan as follsDr.Berdonces i Serra. Gran enciplopedia de las Planta Medicinales ISBN 84-305-8496-X
Taxonomía Cynara cardunculus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 827–828. 1753. Citoloxía Número de cromosomas de Cynara cardunculus (Fam. Compositae) e táxones infraespecíficos: 2n=34Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955) Etimoloxía Cynara:nome xenérico que deriva do Grego χινάρα,-ας ou χυνάρα, "alcachofa", derivado de χυων-χυνός, cyon-cynos, "can", polas brácteas involucrais que, pola súa forma, aseméllanse aos caninos de dito animal. Pasou ao latín coma cinara e se usaba tamén para designar o cardo.
cardunculus: epíteto latino que significa "diminutivo de Carduus".En Epítetos Botánicos Sinonimia Cynara sylvestris Lam. 1783 Cynara horrida Aiton 1789 Cynara spinosissima C.Presl 1822 Cynara corsica Viv. 1824 Cynara humilis Viv. 1753 Carduus cardunculus (L.) Baill. Carduus cynara E.H.L.Krause Carduus scolymus Baill. Cnicus communis Lam. Cynara ferox Ten. ex Steud. en PlantList
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Abrams, L. & R. S. Ferris. 1960. Bignonias to Sunflowers. 4: 732 pp. In L. Abrams Ill. Fl. Pacific States. Stanford University Press, Stanford. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City. Davidse, G., M. Sousa-Peña, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. (editores generales) 2012. Asteraceae. Fl. Mesoamer. 5(2): ined. Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Fl. China Unpaginated. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York. Hickman, J. C. 1993. Jepson Man.: Higher Pl. Calif. i–xvii, 1–1400. University of California Press, Berkeley. Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Catalogue of the vascular plants of Ecuador. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181. Marticorena, C. & M. Quezada. 1985. Catálogo de la Flora Vascular de Chile. Gayana, Bot. 42: 1–157. Munz, P. A. 1974. Fl. S. Calif. 1–1086. University of California Press, Berkeley. Munz, P. A. & D. D. Keck. 1959. Cal. Fl. 1–1681. University of California Press, Berkeley. Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.
Outros artigos Alcachofa Cardo da ribeira Características das asteráceas Ligazóns externas Cardo. Guía práctica de horatalizas e verduras de Consumer/Eroski (en castelán) Infojardín: cardo (en castelán)
Categoría:Cynara Categoría:Hortalizas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas descritas en 1753