James Gordon Shapiro, nado o 19 de marzo de 1965, é un músico estadounidense.
Traxectoria Jim Shapiro é irmán da cantante e vocalista Nina Gordon e fillo de Robert Shapiro, antigo presidente da empresa multinacional de agricultura e biotecnoloxía Monsanto.
Foi o batería orixinal de Veruca Salt e co-escribiu a canción "Number One Blind" do seu debut, American Thighs de 1994. En 1997 deixou a banda despois de que o segundo disco, Eight Arms to Hold You, fose editado. Entón formou a súa propia banda chamada Ultraswiss, onde é o líder, guitarrista e vocalista, xunto co antigo baixista de Veruca Salt Steve Lack.
No debut en solitario de Nina Gordon Tonight and the Rest of My Life (2000), Jim Shapiro tocou o mellotrón e a guitarra, e en 2003 gravou Up Late With People con Rick Ness, para o seu proxecto Ness.
Actualmente é membro da banda Hushdrops.
Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Baterías Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América