Basilea-Cidade (en alemán: Basel-Stadt, en francés: Bâle-Ville, en italiano: Basilea Città, en romanche: Basilea-Citad) é un semicantón de Suíza, localizado no norte do país, facendo fronteira con Alemaña e Francia. Está composto polos concellos de Bettingen, Riehen e Basilea, sendo este último a súa capital. Dos 26 cantóns de Suíza, o de Basilea-Cidade é o máis pequeno en superficie.

Historia O cantón de Basilea-Cidade foi creado cando o histótico cantón de Basilea foi dividido en 1833 por mor de disputas políticas e un conflito armado relacionados cos dereitos da poboación sobre as terras de cultivo. Isto levou á separación do cantón Basilea-Campo da cidade de Basilea o 26 de agosto de 1833. Dende entón, existe un movemento a prol da reunificación que acadou forza especialmente a partir do ano 1900, cando moitas áreas de Basilea-Campo se industrializaron. Os dous semicantóns acordaron reunirse, mais nas votacións que se realizaron en 1969 e novamente en 2014, a xente de Basilea-Campo votou en contra.

Política Basilea-Cidade é un semicantón, o que supón que só pode enviar un representante ao Consello dos Estados. A constitución do cantón data de 1889 e o seu parlamento é o Gran Consello, que posúe 100 membros elixidos por un período de 4 anos. Hai oito partidos políticos diferentes representados no parlamento, dos que o Partido Socialista Suízo é o que posúe maior número de cadeiras, 32 (ano 2015).

O poder executivo do cantón (ou Regierungsrat) componse de sete membros. En 2006 había cinco partidos diferentes con representación no executivo.

Demografía A poboación do cantón era de 198 290 habitantes o 31 de xaneiro de 2017. En 2007, había 56 106 estranxeiros que facían o 30.29% da poboación total. Segundo datos do ano 2000, o 25% dos habitantes eran católicos e o 27% protestantes. Arredor do 10% pertencía a outras relixións e o 36% non pertencía a ningunha relixión organizada.

Nacionalidades 1990 2000 2010 77.52 %72.44 %67.36 % 2.60 %3.27 %7.58 % 6.42 %5.44 %4.18 % 3.27 %4.38 %3.56 % 2.79 %3.13 % 21px|border Kosovo 2.46 % 2.78 %2.16 %1.52 % 0.42 %0.79 %1.35 % 1.12 %1.17 % 0.35 %0.48 %0.96 % 0.59 %0.54 %0.76 % 0.12 %0.17 %0.65 % 0.25 %0.31 %0.63 % 0.45 %0.45 %0.58 % 0.81 %0.54 % 0.30 %0.63 %0.49 % 0.68 %0.41 % 0.18 %0.21 %0.32 %

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Estatísticas oficiais

Categoría:Cantóns de Suíza