SimCity é un videoxogo de construción de cidades deseñado por Will Wright, saíu ao mercado en 1989. Foi o primeiro produto de Maxis tras ser rexeitado por diversas casas de videoxogos, orixinalmente creado en 1985 utilizando un Commodore 64. Realizáronse versións en múltiples ordenadores persoais e consolas e deu orixe a unha serie de simuladores, SimCity 2000 en 1993, SimCity 3000 en 1999 e SimCity 4 en 2003.

SimCity supuxo un novo concepto en xogos de estratexia, conseguindo que o xogador sexa o responsable no cal debe controlar como funcionan os sistemas condicionados polas regras urbanísticas e ocuparse do nivel de vida dos seus habitantes.

Categoría:Videoxogos de construción de cidades Categoría:Videoxogos de Maxis