Para a flor amarela tamén chamada panqueixo ver o artigo: Cáncaro.
O panqueixo, herba dos dentesNomes vulgares en galegos preferidos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004 e en Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004 ou herba dos montes (Capsella bursa-pastoris) é unha planta herbácea anual da familia das brasicáceas. Planta comestible, consómense en ensalada as súas follas tenras, que son de pequeno tamaño e con forma de corazón. Tamén se utiliza tradicionalmente como planta medicinal pola súa capacidade para controlar as hemorraxias. miniatura|esquerda
Usos Xa en 1542, comentando De materia medica de Dioscórides o doutor médico Andrea Mattioli da Siena recomenda Capsella bursa-pastoris "contra as hemorraxias e perda contiosas de sangue". Na antiga Castela (España) sábese da súa utilización polas mulleres para cortar hemorraxias producidas polo ciclo menstrual.
Aínda que en infusión o seu gusto é moi desagradábel, actualmente, algunhas casas comerciais de medicina naturista utilízana como tratamento sintomático das menorraxias e metrorraxias, cultivándose para este fin.
Coñecida dende a antigüidade, foi moi usada na Idade Media, citada por Dioscórides coma hemostático.
A decocción da planta úsase para tratar afeccións dixestivas (diarrea, disentería), tuberculose, dismenorrea, hipertensión, hematuria hemorraxia, metrorraxia e nefrite.
Por vía tópica e oral aplícase para tratar úlceras, fibromas, tumores e diversas formas de cancro,(Hartwell JL.), 1982. Pag.83. inflamación e irritación das mucosas; o po das follas enxugadas úsase para secar feridas. A tintura da planta fresca úsase para regular desordes menstruais, cistite, urolitíase e diarreas.
Non se atopan referencias do seu uso en xardinaxe.
Enfermidades 240px|Albugo candida atacando a herba dos dentes|thumb Albugo candida parasita a miúdo a herba dos dentes e outras crucíferas. Plasmodiophora brassicae, o axente da hernia da verza tamén parasita a herba dos dentes. miniatura|240px|Inflorescencia
Taxonomía Capsella bursa-pastoris foi descrita por Carl von Linné Medik. e publicado en Pflanzen-Gattungen 85. 1792. Variedades Capsella bursa-pastoris var. arachnoidea Hus Capsella bursa-pastoris var. concava Almq. Capsella bursa-pastoris var. integrifolia DC. Capsella bursa-pastoris var. orbicularis Hus Capsella bursa-pastoris var. rubriflora Muschl. Capsella bursa-pastoris var. setchelliana Hus Capsella bursa-pastoris var. simplex Hus Sinonimia Capsella hyrcana Grossh. Capsella gracilis Gren. Capsella polymorpha Cav. Capsella rubella Reut. Thlaspi bursa-pastoris var. microcarpum Loscos in Loscos & J.Pardo Thlaspi bursa-pastoris L.
Basónimo Thlaspi bursa-pastoris L. (recollido por vez primeira en Species Plantarum 1753) Nomes comúns Os nomes comúns galegos son variados: bolsa de pastor, (bulsa de pastor, bulsa do pastorê''), herba dos dentes, pan e queixiño, panqueixo, poutas de zorro etc.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Capsella (xénero) Cáncaro (panqueixo)
Bibliografía CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City. Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. 2013. Saururaceae a Zygophyllaceae. 2(3): ined. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México. Flora of China Editorial Committee. 2001. Flora of China (Brassicaceae through Saxifragaceae). 8: 1–506. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Flora of North America Editorial Committee, e. 2010. Magnoliophyta: Salicaceae to Brassicaceae. Fl. N. Amer. 7: i–xxii, 1–797. Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Rio de Janeiro. Holmgren, N. H., P. K. Holmgren & A.J. Cronquist. 2005. Vascular plants of the intermountain west, U.S.A., subclass Dilleniidae. 2(B): 1–488. In A.J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J.L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York. Kearney, T. H. & R. H. Peebles. 1960. Arizona Fl. (ed. 2) 1032 pp. Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi. Nee, M. H. 2008. Dilleniidae. 3: 1–255. In M. H. Nee Fl. Reg. Parque Nac. Amboró Bolivia. Fundación Amigos de la Naturaleza, Santa Cruz. Warwick, S. I., A. Francis & I. A. Al-Shehbaz. 2006. Brassicaceae: Species checklist and database on CD-Rom. Pl. Syst. Evol. 259: 249–258. Zuloaga, F. O., O. N. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107: 3 Vols., 3348 p.
Categoría:Capsella Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas medicinais