miniatura|225px|O pergamiño Vindel. A literatura galego-portuguesa ou literatura galaico-portuguesa, é aquela escrita en galego-portugués entre os séculos XII e XV.Giuseppe Tavani puxo en dúbida o uso do "galego-portugués" (que el califica de inverosímil e fantástico) como lingua da lírica medieval do oeste peninsular; na súa opinión, esa lírica foi composta especificamente en galego medieval e só coa intercesión dos escribas portugueses do século XIV chegou a nós na lingua segundo el mesturada ou híbrida que coñecemos como galaico-portugués; cf. G. Tavani, "Une Provence hispanique: la Galice médiévale, forge de la poésie lyrique péninsulaire", Romania, 501-502, t. 126, 1-2, 2008, páxs. 4-17. Esta inclúe lírica sacra e profana e diferentes tipos de prosa. Foi a primeira lírica dos reinos cristiáns peninsulares, despois da dos reinos musulmáns. A literatura galego-portuguesa deste período deu lugar a máis de 2 000 cancións poéticas, compostas por uns 150 trobadores, e espallouse por todo o norte peninsular, de Galiza a Aragón. Ás veces a literatura medieval galego-portuguesa é dividida en época trobadoresca, ou trobadorismo, e época postrobadoresca.

Entre os séculos XII e XIV floreceu no occidente da Península Ibérica un movemento poético en lingua galego-portuguesa. Esta era a única poesía escrita en lingua romance nos reinos de Galiza (antes e despois da independencia de Portugal), León e Castela. Esta literatura estaba escrita nunha forma altamente elaborada de galego-portugués, independentemente da orixe do autor. Pola contra, a prosa medieval galego-portuguesa, máis ben escasa, consta fundamentalmente de traducións de obras escritas noutras linguas feitas para seren lidas en Galiza. Porén, a partir de finais do século XV, as circunstancias sociolingüísticas derivadas das consecuencias sociopolíticas da época propiciarán a "independencia" da lingua portuguesa con respecto á galega e a división do sistema literario galego-portugués, dando paso aos Séculos Escuros en Galiza e ao nacemento da literatura portuguesa.

Contexto histórico miniatura|Os tres estamentos: Oratores, bellatores e laboratores.

A Idade Media vai estar socioeconomicamente caracterizada polo sistema feudal. Desde o século VII, o feudalismo converteuse na base política e económica de Europa. Nas sociedades feudais, o vasalo recibía terras do seu señor e quedaba baixo a súa protección e autoridade, a cambio de retribuír unha boa parte dos beneficios da dita terra ao seu propietario.

Entre os séculos VIII e XI consolídase o sistema feudal grazas ao afianzamento da nobreza laica e ao seu poderío militar, o cal deriva nun poderío xurisdicional. A Igrexa, pola súa parte, é en Galiza a propietaria da maior parte das terras.

O século XII vai ser un século esplendoroso en Galiza. O aumento da demografía permitirá na extensión das actividades agropecuarias, co conseguinte aumento das actividades mercantís, baseada en produtos agrícolas levados a centros urbanos para seren trocados por produtos manufacturados.

Como consecuencia disto, prodúcese un renacemento urbano e máis o nacemento da burguesía, organizada en gremios estabelecidos en barrios ou rúas, segundo o seu oficio. As cidades, ao contrario dos núcleos rurais, son dominio dos reis, e non dos señores feudais.

Tamén a partir do século XII comezará o período de tempo coñecido como Era Compostelá, da man do arcebispo Diego Xelmírez, o cal traerá o esplendor a Santiago de Compostela, tanto económico como cultural. A lírica trobadoresca profana, a chegada da arte románica a través da francesa Orde de Cluny, o Camiño de Santiago, a composición do Codex Callixtinus... serán un fiel espello deste apoxeo cultural.

A partir do século XIII, a burguesía comeza a mostrar o seu interese por acceder ao poder político, o cal levará á existencia de "choques" desta clase emerxente coa nobreza laica e relixiosa. Mais, desde finais do século XIII, Europa comeza a vivir unha tremenda crise, a cal se acentuará no XIV. O esgotamento do sistema feudal, a miseria, a peste, guerras,... levarán ao individuo do XIV a sentirse insignificante, o cal se reflicte perfectamente na prosa relixiosa e anónima deste século.

esquerda|miniatura|210px|Os irmandiños destruíron castelos, como o de Sandiás. Mais a crise do século XIV deu paso a unha paulatina recuperación, que culminará no crecemento económico do século XV e na busca de novos mercados exóticos por parte principalmente das Coroas de Portugal e Castela. Durante moito tempo, a evolución da sociedade galega avanza da man da do resto do continente europeo. Mais, a partir de mediados do século XV, houbo unha forte conflitividade social e política, da man das revoltas irmandiñas, as cales consisten principalmente nun levantamento antifeudal, posto que todos os sectores implicados (campesiñado, burguesía e baixa fidalguía) vían ou ben a súa economía afogada polo feudalismo, ou ben tiñan un particular interese en rematar co sistema feudal. Mais a Igrexa e Coroa, que nun primeiro apoiaran ou permitiran (respectivamente) a revolta, aliáronse cos grandes señores e favoreceron a inmobilidade da conxuntura sociopolítica galega.

A partir de 1482, por outra parte, Isabel I de Castela (despois da súa vitoria nas guerras trastamaristas), xunto co seu consorte Fernando II de Aragón, comezará a denominada polo Padre Zurita como doma de Galicia, a cal traerá ao país un duro sometemento político, cuxa consecuencia non será outra que os chamados Séculos Escuros.

Lírica

Concepto de orixinalidade

A lírica trobadoresca galego-portuguesa naceu como consecuencia da mestura entre unha tradición autóctona, de longa vida oral, cuxa orixe é popular e difundida polos xograres, que, logo de reelaborar os moldes trobadorescos, atópase na base da cantiga de amigo; e outra allea, de procedencia occitana, máis «culta» (asociada á escrita) e cortesá, empregada polos trobadores, que se atopa na cantiga de amor.

É fundamental para poder comprender a lírica medieval galego-portuguesa o coñecemento do concepto de orixinalidade medieval. Se hoxe en día cualificamos de orixinal unha obra concreta en función da súa plena innovación (é dicir, unha obra é sumamente orixinal cando o seu autor é quen de crear moitos elementos novidosos), na Idade Media acádase a orixinalidade no momento en que un autor é capaz de realizar unha composición completamente nova introducindo pequenas variacións con respecto á tradición anterior.

Por este motivo, desde unha perspectiva actual, pode resultar monótona a lectura da lírica medieval galego-portuguesa (sobre todo das cantigas de amor), mais debemos ter perspectiva histórica e considerar que a repetitio et variatio (repetición e variación) era a mellor mostra de orixinalidade na época medieval.

Profana

Contexto histórico

miniatura|240px|Dialectos do Occitano.

A lírica profana galego-portuguesa xorde con posterioridade á lírica trobadoresca provenzal, a cal estaba escrita en occitano. Mais esta lírica nunca estivo perdida (como si aconteceu coa galego-portuguesa). Por estes dous motivos, tendeu a se dicir durante moito tempo que a nosa lírica trobadoresca non era máis que unha simple imitación da provenzal. Alén de existir argumentos literarios que desbotan esta hipótese, o contexto histórico da época fai pensar que a mímese absoluta da lírica galego-portuguesa con respecto á provenzal era moi difícil. E é que, na idade media, os principais transmisores de ideas (neste caso, literarias) eran os xograres, quen non poderían reproducir en solitario unha literatura tan complexa como a trobadoresca, sobre todo tendo en conta os medios de transporte e mais as comunicacións existentes na época.

Por outra parte, a lírica trobadoresca xorde debido ao excedente económico da época e á paz acadada. Mercé a esta circunstancia, os señores feudais da Compostela do século XII non estaban na obriga de organizaren xustas nin torneos coa finalidade de adestrarse, senón que podían vivir rodeados e luxos e dedicárense ao cultivo das letras.

Tamén influíu no desenvolvemento da nosa lírica trobadoresca o feito de que coincidisen nunha determinada altura na mesma corte trobadores en galego e en provenzal, debido ás circunstancias sociopolíticas da época (o exilio en Castela dos poetas occitanos após a loita contra os cátaros). Aínda así, os galegos non copian dos occitanos, senón que adaptan á súa idiosincrasia particular determinados elementos.

miniatura|esquerda|280px|O camiño de Santiago favoreceu a chegada do lirismo provenzal. A lírica profana trobadoresca desenvólvese nas cortes, e a única corte existente en Galiza no século XII estaba en Santiago de Compostela. A corte compostelá non ten nada que ver coas refinadas cortes occitanas, mais a cidade compostelá si será centro de peregrinación de toda Europa, o cal favorece a chegada á corte de innovacións poéticas, as cales serán combinadas coa tradición galega. Non obstante, cómpre subliñar que a tradicionalmente denominada "corte de León" non deixou de ser unha corte galega. Como non deixan de subliñar historiadores actuais, -tal é o caso, entre outros, de Xosé Ramón Pena- nas propias composicións provenzais fálase dos reis leoneses como "monarcas dos galegos"; é dicir, a corte de León era, en realidade, unha corte galego-leonesa, de aí que a converxencia entre os trobadores occitánicos e aqueles autores que pretendían levar adiante un movemento similar entre nós atopase nela un espazo singular. Polo demais, á corte rexia leonesa cómpre sumar aínda, neste proceso, as cortes dos señores feudais galegos e portugueses interesados na propagación dunha forma literaria, ou socio-literaria, que cadraba perfectamente coa súa proxección social e cos seus intereses culturais.

Etapas Realmente, é difícil coñecer o momento en que se inicia a lírica trobadoresca galego-portuguesa. Actualmente considérase Carlos Alvar e Vicente Beltrán, Antología de la poesía gallego-portuguesa, Alhambra, 1989 consideran que se compuxo contra 1200 que o límite ad quo (anterior) da nosa lírica trobadoresca está marcado pola aparición da cantiga Ora faz host'o senhor de Navarra, de Johan Soarez de Pávia. Outros investigadores, pola súa parte, consideran que a primeira cantiga galego-portuguesa é Ai eu, coitada como vivo en gran cuidado, atribuída ao rei Sancho I de Portugal; e aínda outros cren que a composición máis antiga é a anónima Cantiga de Guarvaia. Todas estas composicións, están datadas do último terzo do século XII. Aínda así, calquera dos tres textos demostran pertencer a unha tradición xa feita, polo que debeu existir unha tradición lírica anterior.

Polo que respecta ao límite ante quem, algúns investigadores sitúan o mesmo en 1350, ano da publicación do testamento do último mecenas da lírica galego-portuguesa, o Conde de Barcelos. Outros estudosos, porén, deciden marcar a fin desta literatura en 1354, ano da morte do Conde de Barcelos. De todas as maneiras, temos que ter presente que unha tradición lírica non se esvae da noite para a mañá, senón que precisa un progresivo proceso de desaparición.

Canto á periodización dos autores, o estudoso italiano Giuseppe Tavani estabeleceu a seguinte clasificación:

A xeración histórica: comprendería desde as orixes da lírica galego-portuguesa ata 1217, ano en que sobe ao trono de Castela Fernando III. Pertencen a esta etapa Mendinho, Johan Soarez de Pávia, Nuno Eanes Cerzeo, Gil Sanchez, Garcia Mendiz de Eixo, Johan Soairez Somesso, Vasco Fernandez Praga, Estevan Perez Froian, Roi Gomez de Briteiros, os tres irmás da familia galega dos Marinho, Martin Eanes, Pero Eanes e Osoiro Eanes e Nuno Fernandez de Mirapeixe, Pero Velho e Paio Soares de Taveirós. Tavani engade, aínda que con reservas, dous autores máis Pero Martins e Abril Pérez.

miniatura|130px|Afonso X pertence á xeración intermedia.