GNU Hurd é o microkernelOs microkernels defínense núcleos de sistemas operativos que relegan a funcionalidade tradicional dun sistema operativo a procesos ordinarios de usuarios, implementando só as pezas necesarias para esa externalización. multiservidor que desenvolve o Proxecto GNU da Free Software Foundation. Está pensado como substituto do núcleo Unix e libérase con licenza GNU. Malia que o kernel de Linux se converteu na solución máis viable no proxecto GNU, o desenvolvemento de GNU Hurd continúa arestora só que a modo.

GNU Hurd consiste nunha serie de protocolos e procesos de servidor (ou daemons) que se executan no microkernel GNU Mach. Hurd intenta superar en funcionalidade ao kernel de Unix, e en estabilidade, máis sen perder a compatibilidade con este. O Proxecto GNU, con desenvolvedores a favor desde a década dos 1980, escolleu a opción de ser multiservidor pola aparente vantaxe sobre das arquitecturas traducionais monolíticas de Unix.

Nome e logo Thomas Bushnell, do alcume BSG e o primeiro arquitecto do Hurd dixo en 1991, describiu a Hurd como unha acrimonia mutuamente recursiva:

O logotipo son as caixas Hurd e reflicten a arquitectura do sistema. No logo móstranse os noodos dos servidores do núcleo de Hurd e a comunicación entre eles, por pontes directas entre procesos ou mensaxes IPCs.

Características GNU Hurd é unha colección de servidores que corren no microkernel Mach para poñer en funcionamento sistemas de ficheiros, protocolos de rede, control de acceso a ficheiros, e outras funcións que están postas en funcionamento polo kernel Unix ou por kernels similares (coma o Linux). O Proxecto GNU estívose desenvolvendo dende 1990 como software libre, distribuíndose baixo a licenza GPL. Hurd intenta superar ós kernel tipo Unix en canto a funcionalidade, seguridade e estabilidade, aínda manténdose compatible con eles. Isto lógrase grazas a que Hurd pon en funcionamento a especificación POSIX, entre outras, pero eliminando as restricións arbitrarias ós usuarios.

GNU Hurd está orientado a ter unha programación e un ambiente de usuario familiares para múltiples propósitos. O Hurd utiliza desenvolvemento para plataformas IA-32, i686 en Assembly e C. Coa librería de C para GNU deséñanse as liñas estándar coma as ANSI/ISO, BSD, POSIX, Single Unix, SVID, e a X/Open. Hurd ten unha estrutura orientada a obxectos. As interfaces do Hurd están deseñadas para permitir redes agrupadas (colectivas), aínda que esta función aínda non foi posta en funcionamento.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Free Software Foundation Sistema operativo

Ligazóns externas

Categoría:Kernels Categoría:Software libre