Atanarico, finou no 381 en Constantinopla. Fillo de Aorico e neto de Ariarico, foi un xuíz godo do clan balto. Daquela os godos daban, ás persoas que ostentaban o mando, o título de xuíz en troques do de rei e caudillo dos tervingos e doutras tribos confederadas, e chegou a ser considerado polos visigodos como o seu rei fundador. O significado de Aþanareiks é "rei do ano" (aþni=ano e reiks=rei).

O período do seu mando estivo marcado polas guerras contra romanos, hunos (ao se desprazaren estes cara ao oeste) e as guerras internas contra o seu rival Fritixerno; tamén polas persecucións que levou Atanarico contra os visigodos convertidos ao cristianismo. A resultas diso, os historiadores cristiáns de época posterior retratárono como unha persoa cruel.

Os visigodos do século VII considerárono o seu primeiro rei e hoxe en día hai unha gran unanimidade sobre esta idea. Sucedeuno Alavivo, trala división dos tervingos.

Tivo un irmán máis novo chamado Rocestes.

Traxectoria Atanarico, se converteu en xuíz e caudillo dos tervingos, a máis poderosa e numerosa tribo dos godos, entre o 364-365, tomou parte nas guerras civís dos romanos do século IV. Ao se producir a sublevación de Procopio contra o emperador Valente, Atanarico tomou partido a prol de Procopio a quen enviou un continxente de 3 000 guerreiros. No 366, Valente derrotou e executou a Procopio, e durante o ano seguinte, coa axuda do seu sobriño o emperador romano occidental Graciano, decidiu xuntar tropas en Marcianópolis e marchar contra Atanarico e os tervingos contra os que levou a cabo 3 campañas.

Campañas romanas En abril do 367, cruzou o Danuio e avanzou contra Atanarico. Este rexeitou o enfrontamento directo e optou por unha guerra de escaramuzas a partir das áreas pantanosas e boscosas. Daquela, Valente, ofreceu recompensas por cada guerreiro godo morto e conseguiu unha gran cantidade de baixas Atanarico, reaccionou fuxindo cos seus guerreiros cara os Cárpatos pero non puido evitar que o magister peditum, Ariteo, fixese unha gran cantidade de escravos. Malia non vencer nunha batalla decisiva, Valente, debilitou grandemente a forza do xuíz tervingo.

Na primavera do 368, Valente, volveu cruzar o Danubio pero a enorme pluviosidade dese ano dificultou moito as operacións e pasou a maio parte da campaña acampado nun poboado carpo, até que decidiu regrasar a súa base de Marcianópolis.

Na primavera do 369, cruzou por Noviodunum para dirixirse até o Dniéster para atacar os grutungos de Ermenrico que daba apoio aos tervingos. Atanarico e os seus abandonaron as montañas para axudar os grutungos pero, dado que as fontes clásicas apenas mencionan feitos desa época, cabe pensar na vitoria de Valente, pero non nunha vitoria decisiva.

Finalmente, Atanarico, enviou mensaxeiros pedindo a paz e o retorno á situación anterior ás campañas. Valente, presionado polos problemas en Oriente e, aceptou as negociacións, enviando ao magister equitum, Victor, e o magister peditum, Aristeo, para os primeiros tanteos.

Finalmente, en medio do Danubio, como lugar neutral, asinaron unha paz que satisfizo a Valente (prohibía o paso do Danubio aos godos) pero para se vingar del, Atanarico que era cristián ariano, o mesmo ano comezou unha xeira de persecucións contra aqueles godos que eran cristiáns, polo que acabou sendo rexeitado polos seus propios súbditos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Godos Tervingos Grutungos Reino visigodo Lista dos reis visigodos Moeda visigoda

Categoría:Reis dos ostrogodos Categoría:Reis visigodos Categoría:Finados en 381 Categoría:Godos Categoría:Dinastía Baltinga