miniatura|Sacrificio de Abrahán, icona rusa. Abrahán (en hebreo: אַבְרָהָם, Avraham; en árabe ابراهيم, Ibrāhīm) é o patriarca do xudaísmo, recoñecido polo cristianismo e un profeta moi importante do islam. A historia da súa vida é relatada no libro da XéneseXénese, 11-25 e no Corán,Qur'an, Al-An'am, verso 84 pero non hai ningunha evidencia histórica da súa existencia. As datas tradicionais da súa biografía sitúanse entre o 2166 a.C. e 1991 a.C. Segundo a tradición xudía, naceu no ano 1948 da Creación, equivalente ao ano 1812 a.C.
O seu nome orixinal era Abram (en hebreo אַבְרָם Avram), e era descendente do fillo de Noé, Sem.Xénese, 11:10-32Xénese, 14:13 Aínda que a súa muller era estéril, Deus prometeulle que da súa descendencia fariase unha gran nación, razón pola que cambiou o seu nome por "Abrahán", que significa pai de multitudes. O truncado sacrificio de Isaac é unha das escenas máis representadas da súa vida nas artes, que é un dos pasaxes bíblicos máis coñecidos.
Na Xénese, o libro do Antigo Testamento que rexistra a vida de Abrahán, presenta o seu papel como un individuo que debe cumprir un pacto monoteísta establecido entre el e Deus (Xehová o cal tamén foi transliterado como "Yehowah" ou "Yahweh")http://www.encyclopedia.com/topic/Jehovah.aspxGérard Gertoux, THE NAME OF GOD YeHoWaH.Prefacio a la New American Standard Bible (en inglés). O Corán presenta historias sobre Abrahán e os seus descendentes que son similares ás que hai na Biblia. Etimoloxía
Abrahán aparece citado por primeira vez no libro da Xénese co nome de Abram ata que Yahvé lle cambia o nome e o chama Abrahán.Xénese, 17:5 O relato indica que Abrahán significa "pai dunha multitude" (en hebreo: goyim ab-Hamon). Con todo, os especialistas non aceptan a definición da narración sobre a etimoloxía de Abrahán xa que, aínda que ab- significa "pai", -hamon non é o segundo elemento e -raham non é unha palabra hebrea, a palabra en hebreo para "multitude" é rabim. Johann Friedrich Karl Keil suxire que en hebreo existiría a palabra raham (רָהָם) co significado de "multitude", en analoxía co de ruhâm árabe que ten este significado, pero non hai ningunha proba que apoie as súas teorías Outra posibilidade é que o primeiro elemento debe ser abr-, que significa "cabeza", pero isto demanda un segundo elemento pouco claro, -aham. David Rohl suxire que o nome provén da lingua acadia e significa "o pai que ama", aínda que os especialistas cren que hai que buscar unha orixe que se fundamente na lingua hebrea. Características Segundo a tradición/lenda, naceu no século XX antes de Cristo na cidade babilónica de Ur (hoxe Iraq ). Deus, comunícalle a Abrahán que de se trasladar á Terra de Canaán a súa semente será bendicida e levantará unha gran nación. Así, Abrahán e a súa tribo nómade chegan ó que hoxe se coñece como deserto do Negev (sur de Israel). En Bersebá fúndase a primeira base estable da tribo de Abrahán.
Como era tradicional nos pobos semitas, Abrahán foi polígamo, cunha muller chamada Sara tivo a Isaac, e con Agar tivo a Ismael.
No que se coñece como Áqueda, Deus pediulle a Abrahán o sacrificio do seu primoxénito Isaac para poñer a proba a súa fe. No último minuto, un anxo detivo o brazo de Abrahán que estaba a piques de asasina-lo seu fillo. Historia miniatura|esquerda|Abrahán e Melquisedec, por P. P. Rubens, 1625 (Washington DC, National Gallery of Art) miniatura|222px|Abrahán con Alzines de Mambré, segundo Gustave Doré miniatura|esquerda|Abrahán expulsa a Agar e Ismael, por Pierre-Joseph Verhagen, 1781 (Anveres, Museum voor Schone Kunsten) miniatura|esquerda|Tumba dos patriarcas en Hebron miniatura|esquerda|Tumba dos patriarcas en 1913 miniatura|222px|Cenotafio de Abrahán na tumba dos patriarcas miniatura|esquerda|Gabriel para o brazo de Abrahán listo para sacrificar o seu fillo que a tradición islámica identifica con Ismael, ilustración otomá miniatura|222px|Sacrificios de Isaac, por Rembrandt, 1636 (Munic, Alte Pinakothek) miniatura|esquerda|Expulsión de Agar e Ismael, gravado de Gustave Doré, 1866 miniatura|222px|Abrahán errante de Heinrich Kirchner, 1957 (Erlangen, Burgberggarten) miniatura|esquerda|Icona rusa do século (Moscova, Museo Andrei Rublev) miniatura|222px|Escultura en Emmauskirken (Frederiksberg, Dinamarca) En xeral, os especialistas están de acordo en admitir que non hai nada na Xéneseque se relacione coa historia de Canaán do comezo do II milenio a. C.: ningún dos reis mencionados non é coñecido, Abimelec non podía ser filisteo – xa que os filisteos aparecerían varios séculos despois-, Ur non podía ser coñecida como "Ur dos caldeos" ata o comezo do I milenio a. C., e Laban non podía ser arameo porque os sirios non se converteron nunha entidade política identificable ata o século XII. Joseph Blenkinsopp, profesor emérito da Universidade de Notre Dáme especialista en estudos bíblicos, sinala que durante as últimas catro ou cinco décadas aumentou o consenso de que a narración de Abrahán que aparece na Xénese ten as súas orixes nos círculos literarios dos séculos V e VI a. C. reflectíndose coa situación da comunidade xudía baixo o dominio dos babilonios e o comezou do Imperio Persa. Blenkinsopp describe dúas conclusións sobre Abrahán que son amplamente aceptadas polos especialistas sobre a Biblia: a primeira é que, excepto na tríade" Abrahán, Isaac e Xacobe," non é clara e queda inequivocamente testemuñada na Biblia antes do exilio de Babilonia (non aparecen, por exemplo, os textos proféticos anteriores a este momento). A segunda é que, durante o período persa, pasouse a servir de modelo de quen se foi de Babilonia para volver a Xudá. Máis aló da historia de Abrahán (e a de Isaac e Xacobe) serve como propósito teolóxico logo da destrución de Xerusalén, do Templo e da realeza davídica: malia a perda de todo isto, os tratos de Xehová cos antepasados poñen unha base histórica que abre a esperanza cara a un futuro que se podería recuperar. Hai un consenso básico en considerar que a conexión con Farán, Siquem e Betel é secundaria e que se orixinou cando se identificou como o pai de Xacobe e cos antepasados das tribos do norte. A súa relación con Mambré e Hebrón, no outro lado (no sur, no territorio de Xerusalén e de Xudá), suxiren que esta rexión foi o fogar onde se orixinou o seu culto. Cronoloxía Os literarios bíblicos, que cren que a Creación se fixo nunha data recollida nas Escrituras, datan a vida de Abrahán entre 1812 a.C. e o 1673 a.C. Tentando atopar correlacións entre os reis e as nacións mencionadas no Xénese cos achados arqueolóxicos; Abrahán sería un patriarca que viviu entre os séculos VII e VI a.C. A ausencia de inscricións sobre a súa figura, é porque Abrahán era un nome moi común e non aparece ningunha figura destacada na zona de Ur con ese nome, levan a pensar que é unha figura mítica, inspirada en varios líderes locais.
O Texto masoterico estándar do Tanakh dá como o ano de nacemento de Abrahán en 1948 despois da Creación, ou en 1948 AM (Anno Mundi). As outras dúas tradicións textuais principais teñen diferentes datas: a Septuaginta, traducida ao grego, sitúaa no 3312 AM e a versión samaritana da Torá, o 2247 AM. As tres fontes documentais coinciden en que Abrahán morreu á idade de 175 anos.
Houbo máis de douscentos intentos para conseguir que coincidisen a cronoloxía bíblica coas datas históricas. Dous dos intentos máis influentes foron a data da tradición xudía, que di que Abrahán viviu de 1812 a.C. a 1637 a.C, e a proposta realizada o século polo arcebispo James Ussher que afirmaba que viviu 1976 a.C. 1801 a.C. O que se pode dicir cun certo grao de validez é o que se desprende do texto estándar hebreo da Xénese que sitúa a vida de Abrahán na primeira parte do milenio II a.C. Lugar de nacemento Durante os séculos XI e XII, os rabinos Salomón ben Yishaq (Rashi) e Abrahán ben Meir ibn Ezra estaban de acordo en que a terra natal de Abrahán foi Ur Kaśdim, máis coñecida como Ur de Caldea, un lugar de Mesopotamia fundado polos descendentes de Cam, o fillo de Noé. Algúns estudos máis actuais sobre o xudaísmo identifican este lugar como o da cidade estado sumeria de Ur.Scharfstein, Sol. Jewish History and You, 2002, p. 10 Pero a cidade é só un dos candidatos a ser o lugar actual da antiga Ur Kasdim, segundo un debate de 1927.
O rabino Nahmánides (Bonastruc ça Porta), coñecido no xudaísmo co acrónimo Rambán (de Rabbi Moshe ben Nahman), foi un erudito xudeu medieval do século que estaba en desacordo con Rashi e ibn Ezra sobre o lugar de nacemento de Abrahán. Os argumentos de Ramban eran que Ur Kaśdim foi poboada por descendentes de Cam e, polo tanto, non podía ser o lugar de nacemento de Abrahán porque era descendente de Sem. A pesar destes argumentos, hai un acordo xeneralizado de que a familia de Abrahán, baixo a dirección do seu pai, Tareh, viviran en Ur Kaśdim antes de ser chamado para ir a Canaán.
Os tres rabinos tamén coinciden en considerar que a patria de Tareh foi Charan, un lugar bíblico coñecido como Farán na Xénese,Xénese 11: 31,32 onde se atopa a casa de Tareh.Xénese 12: 1 Como este asentamento foi establecido polos descendentes de Sem, só Ramban supón que Charan debería ser o lugar de nacemento de Abrahán. Tamén concluíu que Tareh e os seus tres fillos, co tempo, fóronse de Charan en Ur Kaśdim e, máis tarde, por orde de Yahvé foron a Canaán. Por suposto, detivéronse na cidade natal de Tareh, Charan, onde o pai quedou no canto de ir a Canaán.
O pai de Abrahán, Tareh, era o xefe da sétima xeración de descendentes de Sem (orixe mítica dos pobos semitas, dos que forman parte os xudeus), que volveu poboar a Terra despois do Diluvio universal. Esta xenealoxía lígao directamente cos primeiros homes, o que reforza o seu carácter de patriarca.
Importancia O xudaísmo, o cristianismo e o islam chámanse "relixións abrahámicas", porque esta persoa desempeña un papel moi importante nas súas crenzas:
No xudaísmo, Abrahán é considerado o patriarca bendito de Deus, a quen Deus prometerá que o seu fillo faría unha gran nación.Xénese, 17:5-6 Israel, o cal recibiría a Terra Prometida,Xénese, 17:8 por virtude do pacto entre Deus e Abrahán, manifestado coa circuncisión; polo tanto, Abrahán é considerado como o "primeiro xudeu". No cristianismo, ademais de ser o home por medio do cal Deus faría a nación da que viría Xesucristo, é tamén o modelo de fe en Deus, e por virtude da súa fe, o pai dos cristiáns . A súa disposición para ofrecer o seu fillo en sacrificio obedecendo a Deus foi unha "sombra" ou "exemplo" de Deus ofrecendo o seu fillo Xesús en sacrificio pola humanidade. No islam, segundo o Corán, Abrahán é un enviado de Deus (en árabe rassul) e pai de Ismael, o cal é o pai dos árabes. Como para os cristiáns, o acto de ofrenda do seu fillo é considerado como o exemplo absoluto de submisión (en árabe islam) a Deus, polo tanto é o modelo da súa concepción relixiosa.
A miúdo como oración dise descansar con Abrahán despois da morte, querendo dicir que se irá a un lugar seguro, protexido e próximo a Deus.
Abrahán segundo a historia da Xénese Na Xénese, Abrahán era o patriarca dos hebreos que asinou o pacto con Deus mediante a circuncisión; el mesmo tiña noventa e nove anos cando se cortou a pel do prepucio. O seu nome orixinal era Abram pero Deus cambioullo para significar que a súa descendencia sería incontable e recibiría a Terra Prometida.
Segundo a tradición xudía, a súa familia vivía no exilio pero o seu pai foi autorizado a volver ao seu pobo natal de Ur de Caldea coa súa familia. Unha vez instalados, Tareh construíu varias imaxes a ídolos pagáns pero o seu fillo Abrahán seguía fiel o Señor, o deus dos seus antepasados. Unha vez, Abrahán quedou só ante o altar feito polo seu pai. Colleu un bastón e rompeu todas as imaxes excepto unha, á que lle puxo o pau nunha man. Cando chegou Tareh, preguntoulle que pasara e Abrahán díxolle que os deuses pelexaran entre eles. Tareh non o creu e enviou a Abrahán o palacio do rei Nimrod.