Sister é un álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado en xuño de 1987 polo selo SST Records. Foi reeditado no ano 1994 a través do selo DGC.
Neste álbum, recibido con boas críticas en todo o mundo, a banda móvese do noise rock cara a estruturas de pop máis tradicionais, aínda que manteñen unha aproximación experimental agresiva. En certa medida é un álbum conceptual (ao igual que o seu sucesor Daydream Nation), e está en parte inspirado na vida e traballos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick (a "sister" do título era a irmá xemelga de Dick, que morreu pouco despois do seu nacemento, cuxa memoria atormentouno toda a súa vida). A banda adoita a interpretar ao vivo temas como "Schizophrenia", "White Cross" e "Kotton Krown".
Pitchfork Media colocou a Sister no número 14 na súa lista dos mellores álbums dos anos 80. NME colocouno no 80 entre os mellores álbums de todos os tempos, e no 37 entre os 50 mellores álbums do 80. En xullo de 1995 a revista Alternative votou a Sister coma terceiro mellor álbum editado entre 1985 e 1995.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Sonic Youth Categoría:Álbums musicais de 1987 Categoría:Álbums de SST Records Categoría:Álbums de DGC Records