miniatura|200px|Complexo dunar de Corrubedo unha das ZEPAs existentes en Galiza. As Zonas de especial protección para as aves (ZEPA), son catalogadas polos estados membros da Unión Europea como "zonas naturais de singular relevancia para a conservación da avifauna ameazada de extinción", de acordo co establecido na directiva comunitaria 79/409/CEE e modificacións subseguintes («Directiva de Aves» da UE).
A convención parte do recoñecemento de que as aves do territorio europeo son patrimonio común e han de ser protexidas a través dunha xestión homoxénea que conserve os seus hábitats. Por iso, nas zonas de protección prohíbese ou limítase a caza de aves, regúlase a posíbel comercialización; e asúmese a obriga dos estados de actuar para conservar os hábitats e preservar as condicións ambientais que as aves precisan para o seu descanso, reprodución e alimentación.
España No estado español hai declaradas 647 ZEPAs, que abranguen a 10,16 millóns de ha. terrestres e 5,18 millóns de ha. mariñas. Galicia As ZEPA galegas inclúen os seguintes espazos:
+ Sortable table Nome Concellos ou Comarcas Superficie (ha.) A Limia Comarca da Limia e comarca de Allariz - MacedaAbrangue territorio dos concellos de Baños de Molgas, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía. 6939 Ancares Cervantes, Navia de Suarna 12656 Baixa Limia - Serra do Xurés Comarca da Baixa Limia e Terra de CelanovaAbrangue territorio dos concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Quintela de Leirado, Verea. 31287 Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira Cambados, O Grove, Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo. 2813 Complexo litoral de Corrubedo Ribeira 971 Costa de Ferrolterra - Valdoviño Ferrol, Narón e Valdoviño 4266 Costa da Mariña Occidental Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo 2168 Costa da Morte (Norte) Arteixo, A Laracha, Carballo, Malpica 7962 Esteiro do Miño Guarda, O Rosal 1688 Illa de Ons Bueu 924 Illas Cíes Vigo 990 Pena Trevinca Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda, O Bolo 22511 Ribadeo Ribadeo, Trabada 625 Ría de Foz Foz, Barreiros 564 Ría de Ortigueira e Ladrido Cariño, Ortigueira 3025 Serra da Enciña da Lastra Comarca de Valdeorras e comarca leonesa de Ponferrada 1787
Na lexislación galega estes espazos protexidos foron unha categoría dentro das "Zonas de especial protección dos valores naturais" (ZEPVN) ata o 2019, cando se retirou esta categoría da lexislación galega. Todos os espazos da rede natura están integrados dentro da estrutura galega de espazos naturais como tal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Zonas de Especial Protección para las Aves (ZEPA) en España. MITECO, Goberno de España Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de Galiza. CMATV, Xunta de Galicia
Categoría:Rede Natura 2000