A dulcamara (Solanum dulcamara) é unha planta herbácea perenne da familia das solanáceas, nativa de Eurasia pode chegar a acadar os 4 metros de altura, aínda que o normal é que non chegue aos 2. As follas, pecioladas, teñen entre 4 e 12 cm de longo, as flores, violetas, están en acios de 3 a 20. O froito é unha baga ovoide vermella, velenosa para os humanos e o gando por conter solanina pero comestible para os paxaros.
Outros nomes en galego inclúen: escornacabras (non confundir coa especie: Pistacia terebinthus, cornabude ou terebinto), mexacán (non confundir coa especie: Taraxacum officinale), uvas de can (non confundir coa especie: Tamus communis ou norza moura) e uva de can.
Galería
Notas
Categoría:Solanum Categoría:Plantas rubideiras Categoría:Rubideiras de Galicia Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas descritas en 1753