A lingua romanche é unha lingua romance falada no cantón suízo de Grisóns. Está emparentada con outras linguas que se falan en Italia, Suíza e Francia. Os cinco dialectos retorrománicos máis falados son sursilvan, sutsilvan, surmiran, puter e vallader. Puter e vallader, en ocasións, considéranse un só subgrupo: romanche ladino.
É falada por arredor dunhas 35.000 persoas como lingua materna e por outras 40.000 como segunda lingua. A maioría dos falantes tamén utilizan o alemán. É unha lingua considerada en risco de extinción, falada por menos do 1% dos 7,4 millóns de habitantes da Suíza. É a lingua oficial menos falada do país e sofre as consecuencias da concorrencia co alemán, falado maioritariamente pola poboación en xeral. O romanche está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Historia O primeiro rexistro escrito da lingua romanche data de 1552, na forma dunha lición de catecismo chamada Christiauna fuorma, rexistrada por Jacob Bifrun no dialecto Engadino. Unha tradución en romanche do Novo Testamento publicouse en 1560.
O romanche non foi considerado unha lingua oficial da Suíza ata 1938. O cantón de Grisóns, maior reduto do romanche, é o único considerado trilingüe da Suíza, pois aló fálanse tamén o alemán e o italiano. Os falantes do idioma son obrigados a aprender tamén o alemán, tanto o (alemán) estándar como o dialecto suízo alemán local (alemánico), para ter acceso aos mellores empregos e á maioría das institucións federais no país.
Ortografía A ortografía do romanche foi unificada, a partir das diferentes variedades, polo lingüista Heirich Schmid en 1982. Esa tentativa tentaba facilitar a comunicación entre os falantes do Baixo Engadino (Vallader), Alto Engadino (Puter), Sobremirano (Surmiran), Subselvano (Sutsilvan) e Sobreselvano (Sursilvan), cada cal coa súa propia norma ortográfica, e fornecer un carácter de unidade ao romanche. Esa nova escrita chámase Rumantsch Grischun, e hai controversia sobre o seu papel no ensino. Algúns dialectos son tan diferentes que dous falantes de variedades do romanche poden preferir falar alemán para se comunicar.
Dialectos
O romanche non é unha lingua única, senón un conxunto de dialectos pertencente á póla retorrománica das linguas romanas. As súas linguas parentes máis próximas son o ladino, falado na rexión do Trentino-Tirol do Sur e o friulano, falado no Friuli-Veneza Giulia, no norte da Italia.
A diferenza entre as variedades de romanche está presentada nas frases abaixo, que significan "a raposa (o golpe) estaba famenta de novo":
Romanche oficial:
La vulp era puspè ina giada fomentada.
Baixo Engadino:
La vuolp d'eira darcheu üna jada fomantada.
Alto Engadino:
La vuolp d'eira darcho üna vuota famanteda.
Sobremirano:
La golp era puspe eneda famantada.
Subselvano:
La gualp eara puspe egn'eada fumantada.
Sobreselvano:
L'uolp era puspei inagada fomentada.
A distancia xeográfica e as condicións topolóxicas das rexións na Suíza nas que se fala o romanche, sumadas a factores socioeconómicos, foron responsábeis da fragmentación da lingua ao longo dos séculos. As diferentes ortografías son exemplos desa división dialectal.
Comparación de Léxico entre os distintos dialectos Galego Surselvisch Sutselvisch Surmeirisch Puter Vallader Rumantsch Grischun Latín ouro aur or or or or,aur,ar aur aurum duro dir dir deir dür dür dir dur ollo egl îl îgl ögl ögl egl oculus livián lev leav lev liger leiv lev levis tres treis tres treis trais trais trais tres neve neiv nev neiv naiv naiv naiv niveus roda roda roda roda rouda rouda roda rota queixo caschiel caschiel caschiel chaschöl chaschöl chaschiel caseus casa casa tgeasa tgesa chesa chasa chasa casa can tgaun tgàn tgang chaun chan chaun canis perna comba tgomba tgomma chamma chomma chomma gamba galiña gaglina gagliegna gagligna gillina giallina giaglina gallus gato gat giat giat giat giat giat cattus todo tut tut tot tuot tuot tut totus forma fuorma furma furma fuorma fuorma furma forma eu jeu jou ja eau eu jau ego
Fonoloxía
As consoantes do romanche oficial (Rumantsch Grischun) están representadas no cadro abaixo:
BilabiaisLabiodentaisDentais e alveolaresAlvéolo-palataisPostalveolaresPalataisVelaresOclusivas Africadas Nasais Fricativas Aproximantes Laterais
Vogais Os fonemas vogais do romanche son os seguintes:
Simple Frontais Posteriores Altas Medias-altas Medias-baixas Baixas
Gramática
Como na maioría das demais linguas neolatinas, o romanche presenta dous xéneros (masculino e feminino) e dous números (singular e plural). O plural fórmase en xeral engadindo un -s á palabra no singular.
As palabras masculinas terminan xeralmente en consoante e as femininas en a. Os artigos definidos son como se segue:
il turist - o turista la turista - a turista
Antes de vogal, os artigos tanto masculino como feminino sofren elisión e tórnanse l':
l'ami - o amigo l'amía - a amiga
Os artigos plurais son ils para o masculino e las para o feminino.
ils amis las amias
Os artigos indefinidos son in para o masculino e ina para o feminino.
in curs - un curso ina scola - unha escola
Non hai artigos indefinidos plurais.
Pronomes
jau - eu ti - tu (vostede) el/ella - el/ela
nus - nós vus - vós (vocés) els/ellas - eles/elas
Morfoloxía verbal
Aquí están as marcas morfolóxicas do presente do indicativo dos verbos do primeiro grupo da variante subselvana do romanche.
Singular
1. -el 2. as 3. a
Plural 1. -ein 2. -ais 3. -an
Exemplo: cumprar, comprar
Jau cumpr-el Nus cumpr-ein Ti cumpr-as Vus cumpr-ais Il cumpr-a Ils cumpr-an
Frases comúns en romanche
Allegra - Ola
Co vai? - Como vai?
Fa plaschair - É un pracer coñecelo(a)
Bun di - Bo día
Buna saira - Boa serán/tarde/noite (cando se chega)
Buna notg - Boa noite (despedida)
A revair - Adeus, chao
A pli tard - Ata logo
I ma displascha - Descúlpeme
Perdunai - Con permiso
Per plaschair - Por favor
Grazia fitg - Moitas grazas
Anzi - De nada
Gratulazions - Parabéns
Bun cletg - Boa sorte
Ils quants è oz? - Que día é hoxe?
Quants onns has ti? - Cantos anos tes?
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en romanche Ligazóns externas Radío Televisiun Rumantscha Informacións sobre a lingua romanche Relatorio do Ethnologue sobre o romanche Páxina da organización Lia Rumantscha Romansch - English Dictionary Romansch - English Dictionary, different Romansch dialects Google Rumantsch Google Directory - Romansh language
Categoría:Linguas retorrománicas Categoría:Linguas de Suíza