Gazanfar Makhmud-ogly Musabekov ou Musabeyov (14 de xullo de 1888, Perebidil, rexión de Quba - 9 de febreiro de 1938, provincia de Bakú) foi un revolucionario e home de estado acerbaixaní. Foi Presidente do Consello de Comisarios do Pobo da República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica de 1922 a 1930 e Presidente do Comité Executivo Central da RSS de Azerbaidján dende 1929 a 1931 e presidiu o goberno da RSSF Transcaucásica dende 1931 a 1936. Durante a Grande Purga, Musabekov foi arrestado (xuño de 1937), acusado de conspirar contra o estado soviético, sentenciado a morte e executado o 9 de febreiro de 1938.

Un barco mercante acerbaixaní leva o seu nome.

Notas

Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Presidentes de Azerbaidján Categoría:Purgados polo stalinismo Categoría:Políticos comunistas Categoría:Presidentes do Comité Executivo Central da URSS Categoría:Nados no distrito de Şabran Categoría:Asasinados polo réxime soviético