Adam Elsheimer, bautizado en Frankfurt am Main o 18 de marzo de 1578 e soterrado en Roma o 11 de decembro de 1610, foi un célebre pintor alemán do século XVII. Polo seu dominio do claro-escuro e a perfección dos seus cadriños, tivo (xunto con Caravaggio) unha carreira fulgurante, cortada por unha morte precoz en 1610, un papel determinante na elaboración da chamada pintura de historia «moderna», superando ambos o manierismo e anunciando o grande estilo barroco do XVII.

Traxectoria Fillo dun xastre, recibiu a súa formación inicial. entre 1593 e 1598, no taller de Philip Uffenbach en Frankfurt. Despois de deixar a súa cidade natal, chegou a Venecia, onde traballou con Hans Rottenhammer, aprendendo del o gusto polas pinturas sobre cobre. Desa época destaca un cadro da Sagrada Familia con anxos de 1599, conservado en Berlín, que mostran influencias, no uso das cores dos grandes venecianos (Tiziano, Tintoretto e Paolo Veronese).

En 1600 pasou a residir en Roma, converténdose ao catolicismo no 1606. Deste período é a Educación de Baco, agora en Frankfurt, unha paisaxe con figuras mitolóxicas, ligado á concepción manierista da paisaxe da escola holandesa, derivada de Paul Brill.

Nestes mesmos anos interesouse nos contrastes lumínicos que observou nas obras de Caravaggio, e máis nas paisaxes de inspiracións clásicas de Annibale Carracci e do Domenichino, buscando plasmar nas súas obras composicións monumentais, como na paisaxe con Aurora (Herzog-Anton-Ulrich Museum, en Braunschweig). De 1609 data a paisaxe nocturna da Fuga a Exipto (Alte Pinakothek, Múnic).

O nocturno de Filemón e Baucis (Dresden), cun tema tirado das Metamorfoses de Ovidio, está tratado cun ton intimista que outorga vida a un mundo fabuloso, no que os deuses son a aparición concreta do divino.

Obras Cadro Título Ano Tamaño, Material Colección 100px Die Hexe sobre 1596/98 13,5 x 9,8 cm, cobre Royal Collection 100px Die Hl. Elisabeth betreut die Kranken sobre 1597 27,6 x 20 cm, cobre Wellcome Library, (Wellcome Institute for the History of Medicine, Londres) 100px Hausaltar mit sechs Szenen aus dem Leben der Jungfrau Maria sobre 1598 26 x 21, 12 x 10 (l+r), 10 x 21 (unten) cm, cobre Gemäldegalerie, Berlín 100px Die Bekehrung des Paulus sobre 1598 19,7 x 25,1 cm, cobre Städel, Frankfurt 100px Der Traum Jakobs sobre 1598 19,5 x 26,1 cm, cobre Städel, Frankfurt 100px Die mystische Vermählung der heiligen Katharina sobre 1598/1599 34 x 26,5 cm, cobre Alte Pinakothek, Múnic 100px Die Heilige Familie mit dem kleinen Johannes sobre 1599 37,5 x 24,3 cm, cobre Gemäldegalerie, Berlin 100px Die Taufe Christi sobre 1599 28,1 x 21 cm, cobre National Gallery, Londres 100px Paulus auf Malta sobre 1598/99 17 x 21,3 cm, cobre National Gallery, Londres 100px Der Brand von Troja sobre 1600/02 36 x 50 cm, cobre Alte Pinakothek, München 100px Die Sintflut pouco despois de 1600 26,5 x 34,8 cm, cobre Städel, Frankfurt 100px Der Heilige Christopherus pouco despois de 1600 22,5 x 17,5 cm, cobre Ermitage, San Petersburgo 100px Judith erschlägt Holofernes sobre 1601/03 23,2 x 17,8 cm, cobre The Wellington Museum, Apsley House, Londres 100px Die drei Marien am Grab Christi sobre 1602/03 25,8 x 20 cm, cobre Rheinisches Landesmuseum, Bonn 100px Pietà sobre 1603 21 x 16 cm, cobre Herzog Anton Ulrich-Museum, Braunschweig 100px Der Heilige Hieronymus in der Wildnis sobre 1603? (1598-1610) 17,1 x 22,2 cm, cobre Pinacoteca dell'Accademia Carrara, Bergamo, Italia 100px Der Heilige Hieronymus in der Wildnis sobre 1603 13,3 x 16,2 cm, cobre Propiedade privada 100px Der Heilige Laurentius vor seinem Martyrium sobre 1603 26,7 x 20,6 cm, cobre National Gallery, Londres 100px Die Steinigung des Heiligen Stephanus sobre 1603/04 34,7 x 28,6 cm, cobre, prateado National Gallery of Scotland, Edimburgo 100px Die Auffindung und Verherrlichung des Wahren Kreuzes, der Frankfurter Kreuzaltar sobre 1603-05 Sete táboas, cobre, prateado Städel, Frankfurt100px100px Heilige und Gestalten aus dem Alten und Neuen Testament sobre 1605 Serie de nove táboas, sobre 9 x 7 cm, cobre, prateado Oito táboas en Petworth House, Petworth; unha táboa con San Lourenzo no Musée Fabre, Montpellier 100px Die Flucht nach Ägypten sobre 1605 9,8 x 7,6 cm (oval), cobre, prateado Kimbell Art Museum, Fort Worth 100px Il Contento sobre 1606 30,1 x 42 cm, cobre National Gallery of Scotland, Edinburgh 100px Die Verspottung der Ceres sobre 1606 29,1 x 24 cm, cobre, prateado Colección Bader, Milwaukee 100px Aurora sobre 1606 17 x 22,5 cm, cobre Herzog Anton Ulrich-Museum, Braunschweig100px Tobias und der Engel („Der kleine Tobias“) sobre 1606 12,4 x 19 cm, cobre Historisches Museum, Frankfurt 100px Selbstbildnis sobre 1606/08 63,7 x 48 cm, tea de liño Galería Uffizi, Florencia 100px Apollo und Coronis sobre 1606/07 17,4 x 21,6 cm, cobre Walker Art Gallery, Liverpool 100px100px Die drei Reiche der Welt sobre 1607/08 Dúas táboas (Das Reich der Venus e Das Reich der Minerva) dunha serie de orixinariamente tres, cada unha 8,7 x 14,6 cm, cobreFitzwilliam-Museum, Cambridge 100px Latona und die Bauern aus Lykien sobre 1607/08 16,9 x 22,7 cm, cobre Wallraf-Richartz-Museum & Fondation Corboud, Colonia 100px Jupiter und Merkur bei Philemon und Baucis sobre 1607/08 16,9 x 22,4 cm, cobre Gemäldegalerie Alte Meister, Dresden 100px Die Flucht nach Ägypten 1609 31 x 41 cm, cobre Alte Pinakothek, Múnic

Seguidores Son sobre todo os alemáns os seus principais seguidores: Johann König e Thomas von Hagelstein, mentres en Roma un dos que formou parte do seu círculo foi o grande Rubens. Rembrandt coñeceu a súa obra a través de Hendrik Goudt e o seu mestre Pieter Lastman. Respecto á pintura paisaxística, Elsheimer preparou o camiño para Claude Lorrain, e os paisaxistas holandeses Cornelis van Poelenburgh, Bartholomeus Breenbergh, Jan e Jacob Pynas.

Véxase tamén

Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Pintores do Barroco Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Nados en 1578 Categoría:Finados en 1610 Categoría:Pintores do século XVII