ASTANO (acrónimo de Astilleros y talleres del noroeste) foi unha empresa do sector naval situada en Fene, actualmente integrada en Navantia. Foi fundada en 1941 por José María González-Llanos tamén fundador de FENYA, enxeñeiro e antigo director de Bazán, cun capital social de 1 600 000 pesetas e 33 empregados. O concello de Fene puxo o nome de Astano á avenida principal do Polígono industrial Vilar do Colo. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a chamarse Navantia Fene, propiedade da SEPI. Para Astano traballaron empresas locais como Fenya ou Imenosa.

Historia miniatura|esquerda|Maqueta de Astano, nas súas orixes. Exponav. No ano 1917Aguilar Sardina, Jacobo: "La construcción naval en Perlío (Fene) Taller de Ramón Aguilar" fenecom.blogspot.com.es 24/7/2009 . estableceuse un pequeno estaleiro de ribeira na zona de Perlío, que facía buques de pesca en madeira propiedade de Ramón Aguilar Pérez, coñecido como Ramón de Roque.Aguilar Sardina, Jacobo: "Astano en el Recuerdo (I)" fenecom.blogspot.com.es 22/5/2009 . Este pequeno estaleiro foi mercado por Llanos en 1941 xunto con outros socios e foi ampliándose desde a ribeira da ría de Ferrol, no concello de Fene, comezando a dedicarse á construción de barcos pesqueiros en madeira.

En 1944 converteuse en sociedade anónima, entrando na empresa o Banco Pastor, e co seu capital acometeuse o paso á construción en metal iniciado o ano anterior, e comezou unha medra sostida apoiada na expansión da pesca e nun mercado protexido. A entrada na dirección da empresa do enxeñeiro e ex-director de Bazán José María González-Llanos iniciou o crecemento de Astano, que chegou a ser un dos máis importantes estaleiros do mundo. A empresa modernizou as instalacións, creou escolas de aprendices, comedores para os traballadores, vivendas sociais (Vivendas de San Valentín en Perlío), economato e beneficios sociais e melloras económicas. Pasou ademais da construción de buques en madeira a construír os maiores buques que se estaban a botar no mundo.

<center> Evolución do cadro de persoal. A primeira crise chegou en 1956 co esgotamento dos caladoiros do Gran Sol e comezou un xiro cara á elaboración de navíos de carga, fundamentalmente para carbón e petróleo nun mercado en expansión. A crise definitiva chegou en 1971 coa empresa nunha situación crítica, o que provocou a toma de control polo Instituto Nacional de Industria, que non conseguiu endereitala. A subseguinte crise do petróleo de 1973 acabou por condenar o estaleiro a perdas cada vez maiores e unha situación sen saída. Cando en 1972 se botou o Arteaga, navío de 323 000 toneladas, de enorme éxito na construción naval nacional, a empresa estaba en franca decadencia, o que non impediu o seu crecemento tecnolóxico e a botadura dos petroleiros máis grandes, o Al-Andalus en 1974 de 362 946 toneladas de peso morto e 362,57 metros de eslora, e o Santa María en 1975 de 365 000 toneladas de peso morto. Son os maiores buques construídos e botados en bancada do mundo. A factoría traballaba por debaixo da súa capacidade e en 1979 o INI fíxose cargo da totalidade da empresa, inxectando un capital de 3 500 millóns de pesetas.

Nese contexto de profunda reconversión produciuse a negociación do ingreso de España na Unión Europea (entón Comunidade Económica Europea). O plan para o sector naval da CEE era moi duro e propoñía unha enorme redución da capacidade produtiva en toda a Unión. A España esixíaselle o peche dun estaleiro entre os de Puerto Real, Sestao ou Fene. O goberno socialista de Felipe González propuxo limitar a produción de Astano á construción Off-Shore, sector que estaba entrando nunha recesión, o que foi aceptado pola CEE con fortes reservas. O estaleiro puido volver á construción naval civil o 1 de xaneiro de 2015, cando rematou o veto.

Construción naval miniatura|esquerda|A Discoverer Enterprise encaixada na ponte das Pías. Construcións off-shore de Astano350pxDiscoverer Enterprise no golfo de México.NúmeroNomeTipoBotado266 Drillmar I Plataforma 15-09-1989267 Gryphon A FPSO15-04-1992269 Alba FSUFSU09-03-1993273Petrojarl FoinavenFPSO28-08-1995274Captain FPSOFPSO2-07-1996275Discoverer EnterpriseDrill Ship12-12-1997276Discoverer SpiritDrill Ship14-05-1999277Discoverer Deep SeasDrill Ship22-12-1999279FarwahFPSO7-10-2002 Fitos de AstanoData Descrición1941 Estaleiro de ribeira de 3000 m² e 33 traballadores: Buques de madeira.1941-1960 Buques de pesca: Astano constrúe 82 pesqueiros.1942 Comandante Lobo: Primeiro buque construído en Astano, 23 metros de eslora.1944 Astano pasa a ser Sociedade Anónima.1946 Creación do economato de Astano.1948 Buques en aceiro: Pasa a construír buques en aceiro remachados.1950 Inicio das obras de construción do dique 1, rematadas en 1956.1951 Astano ten 1225 traballadores.1957 Inicio das obras nas novas bancadas, rematadas en 1960.1961-1980 Entra na construción de petroleiros.1963 Botadura do cargueiro Artemision, de 30 000 toneladas: Astano ten 2500 traballadores.1966 Botadura do Ildefonso Fierro de 219 m.: Primeiro petroleiro botado nas novas bancadas, Astano ten 3129 traballadores.1968 Botadura do Laieta, de 196 metros de eslora: Primeiro metaneiro construído en España.1971 Construción da grúa pórtico e do dique 2.1972 Astano ten 6000 traballadores, entrada do INI na empresa.1975 Botadura do petroleiro Santa María de 346 metros de eslora e 365 000 toneladas.1979 Astano traballa ao 30% da súa capacidade, o INI toma o control da empresa.1982 Astano ten 7000 traballadores.1984-1987 Reconversión naval.1987 El Dorado de 264 metros de eslora: Último buque construído en Astano.1989 Construción offshore.1992 Astano ten 2017 traballadores.1997 Construción offshore.2000 Astano ocupa 755 000 metros cadrados de superficie, mais ten pouco máis de 1000 traballadores. En xullo Astano pasa a chamarse IzarFene.2004 Pasa a chamarse Navantia.2015 Fin do veto á construción de buques: Eólica mariña. Fitos de Astano Actividad económica en Ferrolterra y área de influencia Ferrolterra: Empresa y sociedad

Dende os seus inicios Astano leva botados preto de 300 buques e construcións navais. Dende as súas orixes como estaleiro de pesqueiros en madeira e logo aceiro a empresa foi evolucionando, pasando da construción de petroleiros ata un LNG (o Laieta, primeiro gaseiro construído en España) e construcións offshore como os FPSO dos que foi un dos pioneiros en todo o mundo.

Astano foi o primeiro estaleiro do mundo en construír un buque Off-Shore para a perforación e extracción de petróleo. Tódolos que existían ata entón eran transformacións de buques existentes. O Discoverer Enterprise"Discoverer Enterprise" na páxina web de Transocean. botado en 1998 foi o primeiro dunha serie de dous máis: Discoverer Spirit botado en 1999 e Discoverer Deep Seas botado en 2000 construídos para a multinacional norteamericana Transocean.

Astano ademais foi o estaleiro que sufriu unha máis forte reconversión perdendo 3 600 empregos fronte a reducións menores en Puerto Real e Sestao. A empresa enfrontábase a un mercado pequeno e moi competitivo cunha factoría sobredimensionada e con baixa produtividade, o que provocou a necesidade de enormes axudas do goberno, consideradas ilegais pola Unión Europea. Nesa situación de inviabilidade chegouse en 2004 á negociación coa UE, na que o goberno optou por integrar as instalacións no grupo de estaleiros do sector militar, primeiro chamado Izar e despois Navantia. Isto deu lugar a unha última reconversión pasando de 1 150 empregados a 300. Actualmente o estaleiro está adicado só á construción naval militar, bloques, e ás reparacións de todo tipo de buques.

Reparacións navais miniatura|300px|esquerda|Vista interior de Astano. Ademais da construción naval Astano adícase á reparación de todo tipo de buques, tamén militares. Astano ten nas súas instalacións 11 peiraos que suman 2 700 metros.

Tamén hai dous diques para reparacións: Dique número 2 de 260×38 metros. Dique número 1 de 160×24 metros. 2 grellas de 337×58 metros. 18 guindastres cunha potencia de entre 10 e 100 toneladas. 1 guindastre pórtico de 800 toneladas de capacidade de elevación.

O tamaño máximo dun buque construído foi de 346×60 metros (385 000 TPM).

A icona pola que é coñecida a empresa é o seu guindastre pórtico, unha construción cunha capacidade de elevación de 800 toneladas, construída entre 1970 e 1971. Foi deseñada pola empresa alemá PHB Jucho e construída pola MTM Maquinista Terrestre y Marítima de Barcelona no propio estaleiro. Mide 145 metros entre piares e 75 metros de alto baixo o pórtico. No momento da súa construción era a maior de toda Europa.Aguilar Sardina, Jacobo: "Imágenes de la Grúa Pórtico" fenecom.blogspot.com.es 30/6/2009 .

Buques construídos Dende 1941 Astano leva construídos preto de 300 buques.Aguilar Sardina, Jacobo: Buques construidos y características en Astano" fenecom1.blogspot.com.es 11/3/2014 .