O Bloc Català foi un partido político da Cataluña do Norte creado o 23 de outubro de 2001. Definíase como unha formación de centro-esquerda que promulgaba unha identidade catalá aberta ó mundo. Unha das súas propostas era a creación dunha rexión catalá do norte dentro do estado francés.
Este partido foi un dos motores do movemento hostil á denominación Septimanie que pretendía impulsar o presidente da rexión Llenguadoc-Rosselló Georges Frêche. Como símbolo da resistencia catalá a este cambio forzado adoptou como mascota o Burro enmascarado.
Participou dende 2002 en tódalas eleccións da Cataluña do Norte: as cantonais, lexislativas, rexionais e europeas.
O 3 de decembro de 2006, o Bloc Català trocou de nome e converteuse nunha federación autónoma, representante da Cataluña Norte, no seo de Convergència Democràtica de Catalunya.
Véxase tamén Ligazóns externas Web da federación de CDC en Cataluña Norte (en catalán)
Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Cataluña Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Francia Categoría:Independentismo en Francia