A paronomasia é unha figura retórica e estilística que consiste en aproveitar a similitude fonética entre dúas ou máis palabras, frecuentemente con intención burlesca ou conceptista. Tamén coñecida informalmente como xogo de palabras pode consistir nunha deliberada ou non deliberada confusión de palabras similares ou frases con efecto retórico, xa sexa con fins serios ou humorísticos.
Exemplos No texto "Poema nuclear" de Celso Emilio Ferreiro atopamos a colocación próxima de dúas palabras foneticamente semellantes: plutonio plutocrático (verso 8) magnates e mangantes (verso 23) A bomba, ¡bong!, a bomba bon amigo (2) axiña vén, vela ahí vén, bon amigo. / ¡Estanos ben! ¡Está ben! ¡Está bon! / ¡¡¡Booong!!! (versos do 36 ao 38).
Neste poema de Ricardo Carvalho Calero tamén podemos apreciar a paronomasia: Como o home no gremio da mulher na última causa soña toda a cousa.
En "Chove, chove..." (Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro) por tanto pranto que escoito
En "Divina Comedia" de Dante Alighieri:
esta selva selvaggia e aspra e forte
Véxase tamén Outros artigos Figura estilística Literatura
Categoría:Retórica e figuras da lingua