miniatura|Proba do reflexo de Babinski. O reflexo de Babinski é un dos reflexos temporais presentes nos nenos acabados de nacer. O neonato estira e xira os pés cara a dentro cando se lle roza a planta do pé. Este reflexo manteno ata os doce meses, pero desaparece a medida que avanza en idade e que o sistema nervioso acada un maior desenvolvemento. O dito reflexo é anormal despois dos dous anos de idade.

No adulto a súa aparición é patolóxica, e asóciase con lesión das vías piramidais. Normalmente, acompáñase do signo de Gordon e o de Oppenheimer.

Causas As causas máis comúns son:

Convulsión tónico-clónica xeral (pode haber un reflexo de babinski de forma temporal despois dunha convulsión) tumor cerebral anemia perniciosa lesión da cabeza esclerose múltiple esclerose lateral amiotrófica rabia encefalopatía hepática meninxite tuberculose accidente cerebrovascular

Categoría:Doenzas