Jimena María Francisca Emilia Fernández de la Vega Lombán, nada na Veiga (Asturias) o 30 de maio de 1895 e finada en Santiago de Compostela en 1984, foi unha médica vencellada a Galicia, pioneira e promotora da xenética en España.

Traxectoria Filla de Dolores Lombán Cotarelo e Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín, médico liberal de Castroverde, membro da Institución Libre de Enseñanza, fundador e primeiro director do Balneario de Guitiriz.

Xunto á súa irmá xemelga Elisa foron as primeiras mulleres en estudar nunha universidade galega. Foron admitidas na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Remataron xuntas a carreira, e a Jimena concedéuselle o Premio Extraordinario (só se concede un por ano).

Xenetista, foi discípula de Nóvoa Santos, Gregorio Marañón e Gustavo Pittaluga. En 1922 presentou a súa tese Estudio de la vagotonía infantil por medio del examen hematológico.Concedéronlle unha pensión para estudar a herdanza mendeleiana en Alemaña. Foi profesora na Cátedra de Patoloxía Xeral da Universidade Central de Madrid (a predecesora da actual Universidade Complutense de Madrid).

Durante a guerra civil exerceu como médico militar en Santiago de Compostela no hospital instalado no seminario de San Martiño Pinario. Fíxose cargo dos fillos de Elisa á morte desta e tras o exilio do seu pai á Arxentina.

Cando rematou a guerra volveu a Madrid, deu clases na Facultade e traballou no hospital de San Carlos, en Atocha. A finais dos anos 40, sacou as oposicións a médico de balneario e fíxose cargo do de Guitiriz. Tras a morte da súa nai foi directora de distintos balnearios como Montemayor (provincia de Salamanca) ou Cestona (Guipúscoa) e finalmente trasladouse ao balneario de Lanjarón (provincia de Granada), onde permaneceu ata a xubilación. Morreu nun sanatorio de Santiago dunha enfermidade cerebrovascular.

Unha sobriña súa, María Teresa Fernández de la Vega, foi vicepresidenta primeira do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.

Obras miniatura|Tumba de Jimena Fernández de la Vega no cemiterio de Boisaca “Estado actual de la Biología y Patología Gemelar en su relación con los problemas hereditarios”. Hamburgo (1926) “Drosophila y Mendelismus”. Hamburgo (1927) Sobre los procesos de difusión e intercambio entre la sangre y los tejidos. Método de la fluoriscina. Wiener Klinische Wochenschrift. 1927; 25 “Experimentos de Genética en Drosophila, efectuados en el Instituto Anatómico de Hamburgo”. Boletín de la RSEHN, 1928 Consideraciones sobre las hemodistrofias a propósito de un caso clínico. Anales del servicio de Patología Médica del Hospital General de Madrid, 1928-29: 224-231 Consideraciones etiológicas y patogénicas sobre un caso de hemofilia. Archivos de Cardiología y Hematología 1929 ( 10) :228-231 Tradución do alemán da obra de Julius Bauer Herencia y constitución (1930) Herencia de los caracteres psicológicos. Archivos de Neurobiología. 1933; 13:405-417 La herencia biológica en el hombre. I. Herencia de los caracteres psicológicos. II. Selección y contraselección. En: Noguera, E. e Huerta, L. (eds). Genética, Eugenesia y Pedagogía Sexual. Libro de las Primeras Jornadas Eugénicas Españolas. Madrid: Morata; 1934, pp. 159–181 Constitución. En: Nóvoa Santos, R. Manual de Patología General. Santiago, 1934. Tomo primeiro, pp. 375–404 Coeficientes de correlación entre algunas medidas del hábitus. Anales de Medicina Interna. 1934; 3:341-349 "Vererbungsfragen der Blutkörperchen" (“Preguntas sobre la herencia de los eritrocitos”). 1934 “La herencia fisiopatológica en la especie humana”. 1935 Hidrología y materia biológica. Lecciones adaptadas al programa de las oposiciones a médicos hidrólogos (1943) Teoría de la herencia y herencia molecular (1963)

Recoñecementos En 2006 inaugurouse a Vicerreitoría de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela baixo o nome de Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega.

En 2021 a Real Academia Galega de Ciencias escolleuna Científica galega do ano.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Gurriarán, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.

Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)

Ligazóns externas Las hermanas Fernández de la Vega, un ejemplo del XX para el XXI no blog Mujeres con ciencia. Paredes, Josefa. "Las tías de la vicepresidenta" El Mundo, 25/4/2004 . Jimena e Elisa Fernández de la Vega, as xemelgas pioneiras na Medicina en Galicia artigo de Manuel Rey en Gciencia

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Nados na Veiga, Asturias Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Día da Ciencia en Galicia