O 6 de xaneiro é o sexto día do ano do calendario gregoriano. Quedan 359 días para rematar o ano e 360 nos anos bisestos.
Acontecementos 1119 - Afonso I O Batallador, rei de Aragón, conquista Zaragoza. 1309 - Henrique VII é coroado Rei de romanos no Sacro Imperio Romano Xermánico. 1494 - Cristovo Colón funda A Isabela, primeira poboación española en América. 1496 - A Alhambra é entregada os cristiáns. 1535 - Francisco Pizarro denomina Cidade dos Reis á actual capital do Perú, Lima. 1782 - A cidade de Maó (Menorca), en poder dos ingleses, capitula tras sete meses de asedio por tropas hispano-francesas. 1810 - Firmase o tratado de Constantinopla mediante o cal Turquía acepta que Rusia anexione Crimea e Kubán. 1838 - Samuel Morse testa por primeira vez o telégrafo fronte o público. 1847 - Celébrase na Coruña a primeira xunta pola que se acorda fundar nesta cidade a Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. 1875 - Afonso XII sae de París co rumbo a Madrid para ocupar o trono de España. 1901 - Filipinas rexeita a tutela estadounidense. 1912 - Novo México forma parte de Estados Unidos como cuadraséximosexto Estado. 1919 - Fracasa en Alemaña un levantamento comunista dirixido por Karl Liebknecht, Rosa Luxemburg e Georg Ledebour. 1923 - Manuel de Falla, Hermenegildo Lanz e Federico García Lorca montan en Granada unha función de monicreques para nenos chamado "Cachiporra", que tivo unha gran repercusión. 1930 - Fúndase o Mapai, Partido Sionista-Socialista dos Traballadores no Israel. 1937 - O Congreso dos Estados Unidos establece o embargo de armas destinadas a ambas partes belixerantes na Guerra Civil Española. 1942 - Comezan no campo de concentración de Buchenwald os primeiros experimentos con seres humanos sobre o tifo exantemático. 1944 - Tropas soviéticas ocupan o campo de concentración de Auschwitz (Polonia) e liberan a máis de cinco mil prisioneiros. 1945 - Outórgase por primeira vez o Premio Nadal. 1968 - Lanzamento estadounidense do Surveior 7. 1968 - Outórgase por primeira vez o Premio Josep Plá concedido pola Editorial Destino anualmente. 1970 - Estréase en Madrid a obra de teatro El sueño de la razón, de Antonio Buero Vallejo. 1974 - O Reino Unido implanta a semana laboral de tres días, a causa da escaseza enerxética provocada pola folga na minería. 1994 - Aparece O Correo Galego, o primeiro diario en lingua galega, para desaparecer en 2003. 1997 - Unha sentenza do Tribunal Superior catalán impide que Cataluña teña equipos olímpicos propios. 1998 - A famosa estatua da Sereíña, emprazada a entrada do porto de Copenhaguen e símbolo da capital danesa, aparece decapitada por segunda vez en 34 anos. 1998 - en Ecatepec (Estado de México) iníciase a construción da Catedral de Ecatepec. 2002 - Científicos xaponeses anuncian a creación do primeiro ollo artificial. 2004 - O primeiro caso de vaca tola nos EUA veu dunha granxa canadense.
Nacementos miniatura|100px|Lolita Díaz Baliño 1367 - Rei Ricardo II de Inglaterra. 1412 - Xoana de Arco, heroína e santa francesa. 1499 - Xoán de Ávila, escritor místico español. 1587 - Gaspar Guzmán Pimentel, Conde de Olivares, Duque de San Lúcar. 1741 - Sarah Trimmer, escritora e crítica de literatura infantil británica (m. 1810). 1745 - Jacques Etienne Montgolfier, pioneiro francés da aviación. 1766 - José Gaspar Rodríguez de Francia. 1799 - Jedediah Smith, autor do Calendario Iosemita. 1821 - Melchor Ocampo, político mexicano. 1821 - Juan Zuazua Esparza, xeneral mexicano. 1822 - Heinrich Schliemann, arqueólogo. 1832 - Gustave Doré, pintor e escultor francés (m. 1883). 1838 - Max Bruch, compositor alemán. 1854 - Sherlock Holmes, personaxe de ficción creado por Sir Arthur Conan Doyle. O primeiro detective consultor do mundo. 1872 - Alexander Nikolayevich Scriabin, compositor e pianista. 1873 - Joaquín Mir, pintor español. 1876 - Victoria Bru Sánchez, enfermeira cubana. 1877 - Enrique Herrero Ducloux, químico e mestre español. 1878 - Carl Sandburg, poeta e historiador. 1880 - Tom Mix, actor, director, produtor de cine americano. 1882 - Samuel Rayburn, voceiro americano da Casa Branca (1940-57). 1883 - Khalil Gibrán, poeta, pintor, novelista e ensaísta libanés. 1887 - José Álvarez Pérez "Bernardo o dos Lobitos", cantante español. 1887 - Enrique Herrero Ducloux, mestre bioquímico español. 1905 - Lolita Díaz Baliño, pintora galega. (f. 1963) 1913 - Loretta Young, actriz americana. 1918 - Manuel Cabaleiro Goás, psiquiatra galego (m. 1977). 1923 - Santiago Grisolía, bioquímico español. 1923 - Jacobo Timerman, xornalista ucraíno. 1928 - Alfonso Grosso, escritor español. 1930 - Oscar Camilión, político arxentino. 1931 - Juan Goytisolo, escritor español. 1933 - José Ortega Castaño, guitarrista español. 1934 - Carlos Corpas Brotóns, toureiro español. 1936 - Antonio López, pintor español. 1936 - Julio María Sanguinetti, expresidente do Uruguai. 1937 - Adriano Celentano, cantante e actor italiano. 1937 - Francisco Delich, sociólogo e político arxentino. 1939 - Henri Pierre Nallet, vicepresidente do partido Socialista Europeo. 1939 - Lisandro Da Torre, político colombiano. 1941 - Sandy Denny, músico de folk inglés. 1942 - Rosa María Mateo, presentadora de televisión española. 1942 - Benito Lertxundi, músico español. 1943 - Osvaldo Soriano, escritor e periodista arxentino. 1943 - Juan Manuel Rojo, físico, mestre e político español. 1943 - Terry Venables, adestrador británico de fútbol. 1944 - Rolf Martin Zinkernagel, inmunopatólogo suízo, Premio Nobel de Medicina 1996. 1944 - Alan Stivell, cantautor e músico bretón. 1945 - Alfredo Conde, escritor galego. 1946 - Syd Barrett, músico británico. 1952 - María José Pozuelo Meño, política española. 1953 - Malcolm Young, músico escocés. 1954 - José Antonio Díazdel, pintor español. 1954 - Anthony Minghella, director e guionista de cine británico (m. 2008). 1956 - Xosé Enrique Acuña, fotógrafo e historiador galego. 1958 - José Luis Llorente, xogador de baloncesto español. 1958 - Henri Parot, membro de ETA. 1959 - Paul Azinger, xogador de golf estadounidense. 1961 - Xoaquín Fernández Leiceaga, economista e político galego. 1962 - Cecilia Felgueras, política arxentina. 1963 - Luis Elcaho, futbolista español. 1964 - Mark O'Toole, músico australiano. 1964 - Inka Martí, presentadora de televisión catalá. 1965 - Juan Antón Lechuga, "Juan dos reis", toureiro español. 1966 - Javier Weber, xogador de voleibol arxentino. 1967 - María Fátima Báñez García, avogada e política española. 1970 - Leonardo Astrada, futbolista brasileiro. 1970 - Ruben Capria, futbolista arxentino.
Mortes miniatura|125px|dereita|Gregor Mendel. 1275 - Raimundo de Renyafort, dominico e xurista español. 1536 - Baldassare Peruzzi, pintor e arquitecto italiano. 1611 - Juan de Ribera, arcebispo e vicerrei de Valencia. 1714 - Pedro de los Reyes Ríos de la Madrid, bispo español. 1852 - Louis Braille profesor francés, creador do alfabeto Braille para cegos. 1876 - Manuel María Mallarino, político e escritor colombiano. 1884 - Gregor Mendel, científico austríaco, describiu as famosas Leis de Mendel sobre a herdanza. 1886 - Amilcare Ponchielli, pintor italiano. 1905 - José María Gabriel y Galán, poeta español. 1918 - Georg Cantor, matemático alemán. 1919 - Theodore Roosevelt, presidente de estadounidense. 1925 - Rafaela María Porras Ayllón, relixiosa española, fundadora da congregación das Escravas do Sagrado Corazón de Xesús. 1941 - José Rodríguez Pavón, político galego. 1974 - David Alfaro Siqueiros, pintor mexicano. 1979 - Roberto Padín Rodríguez, debuxante, humorista e pintor galego (n. 1886). 1981 - A. J. Cronin, novelista escocés. 1991 - María Zambrano, escritora española. 1991 - Antonio Blanco Freijeiro, arqueólogo galego (n. 1923). 1993 - Rudolf Nureyev, bailarín e coreógrafo ruso. 1993 - Dizzy Gillespie, trompetista estadounidense. 1995 - Agustín Gainza, xogador de fútbol español. 1998 - Gueorgui Svirídov, compositor ruso. 1999 - Michael Petrucciani, músico francés. 2001 - Santiago dos Mozos, mestre e lingüista español. 2019 - Emiliano Fabbricatore, relixioso greco-católico italiano. 2019 - José Ramón Fernández, Gallego Fernández, militar e político cubano (n. 1923).
Festas e celebracións miniatura|300px|dereita|Baldaquino na Amil (Moraña, Pontevedra), representando a Adoración dos Reis Magos Epifanía do Señor. Reis. Festas en España, Austria, Bulgaria, Chipre, Eslovaquia, Estonia, Finlandia, Grecia, Italia e Suecia. Feira de Reis en Silleda e Redondela, na provincia de Pontevedra; no Barco de Valdeorras, na de Ourense.
Outros Santoral: Epifanía - festa cristiá que conmemora a visita dos Reis Magos: Melchor, Gaspar e Baltasar a Xesús Cristo, María e Xosé. Santa María de Pi (Patroa de Barcelona); Santos: Melanio, Aparicio, Dimas, Pedro Tome (Bipos); Nilamon (Confesor); Anastasio, Anatolio e Pompeano (Mártires); Liceria e Adoracion (Virxes); Erminoldo (Abade); Calendario Romano: deus Aion.
Os 366 días do ano
06