O Tour de Francia 2007 foi a 94ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3550 quilómetros comezou o 7 de xullo na capital británica, Londres, e rematou o 29 de xullo nos Campos Elisios de París.

Percorrido O percorrido do Tour de France foi anunciado o 26 de outubro de 2006. O Tour saíu por primeira vez na súa historia do Reino Unido, e fíxoo para conmemorar o centenario da Entente cordiale, un acordo de paz e cooperación asinado polos dous países en 1907. A solicitude de Londres fíxose en 2004.

A ronda gala tamén tivo chegada e saída en Bélxica (Gante e Waregem, respectivamente), e percorreu algúns quilómetros do norte da provincia de Huesca, en España, na 16ª tirada.

O percorrido, de 3.550 quilómetros, 20 tiradas e mais o prólogo, e dúas xornadas de descanso intercaladas, tivo tres chegadas en alto, once tiradas chás e seis de montaña e tres contra o reloxo individuais.

Participantes 21 equipos tomaron a saída con 9 corredores por equipo, é dicir, houbo un total de 189 participantes. Equipo Líder Agritubel Juan Miguel Mercado Ag2r Prévoyance Christophe Moreau Astaná Alexander Vinocurov Barloworld Robert Hunter Bouygues Télécom Thomas Voeckler Caisse d´Epargne Alejandro Valverde Cofidis Sylvain Chavanel Crédit Agricole Thor Hushovd Discovery Channel Alberto Contador Euskaltel-Euskadi Haimar Zubeldia Française des Jeux Sandy Casar Equipo Líder Gerolsteiner Markus Fothen Lampre-Fondital Tadej Valjavec Liquigas Filippo Pozzato Predictor-Lotto Cadel Evans Quick Step-Innergetic Tom Boonen Rabobank Denis Menchov Saunier Duval-Prodir Iban Mayo Team CSC Carlos Sastre Milram Alessandro Petacchi T-Mobile Michael Rogers     Galegos no Tour O último corredor en tomar a saída na tirada prólogo foi Óscar Pereiro, que luciu o número 11. O habitual é que o vencedor da última edición sexa o que leve o número 1, pero neste caso a organización do Tour, dirixido por Christian Prudhomme, entendeu que aínda non se resolvera correctamente a edición pasada, e aínda estaba en litixio se o vencedor era o descualificado Floyd Landis ou o galego.

Ademais, Pereiro tampouco foi o líder do seu equipo, o Caisse d'Epargne, co que tivo que facer labores de apoio ao seu líder, o español Alejandro Valverde. Finalmente rematou na décima posición, co que conseguiu estar entre os dez primeiros nas tres últimas edicións do Tour.

Non houbo máis galegos neste Tour.

Etapas Etapa Data Percorrido km Gañador Líder Prólogo 7 de xullo Londres 16px 8 (CRI) Fabian Cancellara Fabian Cancellara 1.ª 8 de xullo Londres- Canterbury 203 Robbie McEwen Fabian Cancellara 2.ª 9 de xullo Dunkerque- Gante 167 Gert Steegmans Fabian Cancellara 3.ª 10 de xullo Waregem-Compiègne 236 Fabian Cancellara Fabian Cancellara 4.ª 11 de xullo Villers Cotterets-Joigny 190 Thor Hushovd Fabian Cancellara 5.ª 12 de xullo Chablis-Autun 16px|Etapa de media montaña 184 Filippo Pozzato Fabian Cancellara 6.ª 13 de xullo Semur en Auxois-Bourg en Bresse 200 Tom Boonen Fabian Cancellara 7.ª 14 de xullo Bourg en Bresse-Le Grand Bornand 16px|Etapa de montaña 197 Linus Gerdemann Linus Gerdemann 8.ª 15 de xullo Le Grand Bornand-Tignes 16px|Etapa de montaña 165 Michael Rasmussen Michael Rasmussen 9.ª 17 de xullo Val d'Isere-Briançon 16px|Etapa de montaña 161 Mauricio Soler Michael Rasmussen 10.ª 18 de xullo Tallard-Marsella 229 Cédric Vasseur Michael Rasmussen 11.ª 19 de xullo Marsella-Montpellier 180 Robert Hunter Michael Rasmussen 12.ª 20 de xullo Montpellier-Castres 179 Tom Boonen Michael Rasmussen 13.ª 21 de xullo Albi-Albi 16px 16px|Etapa de media montaña 54 (CRI) A.Vinocurov Cadel Evans Michael Rasmussen 14.ª 22 de xullo Mazamet-Plateau de Beille 16px|Etapa de montaña 197 Alberto Contador Michael Rasmussen 15.ª 23 de xullo Foix-Loudenvielle 16px|Etapa de montaña 196 A.Vinocurov Kim Kirchen Michael Rasmussen 16.ª 25 de xullo Orthez-Gourette (Aubisque) 16px|Etapa de montaña 218 Michael Rasmussen Michael Rasmussen 17.ª 26 de xullo Pau-Castelsarrasin 188 Daniele Bennati Alberto Contador 18.ª 27 de xullo Cahors-Angoulême 212 Sandy Casar Alberto Contador 19.ª 28 de xullo Cognac-Angoulême 16px 55 (CRI) Levi Leipheimer Alberto Contador 20.ª 29 de xullo Marcoussis-París 130 Daniele Bennati Alberto Contador

O día 24 de xullo, e como consecuencia dun positivo de dopaxe detectado a Alexander Vinocurov, o seu equipo, o Astaná, foi convidado a abandonar o Tour de Francia. A dirección do equipo aceptouno. O positivo produciuse por unha transfusión de sangue homóloga, realizada o día en que Vinocurov vencía na tirada contra o reloxo de Albi, se ben o ciclista nega os feitos. Ao día seguinte, un positivo por testosterona do ciclista italiano Cristian Moreni fai que o Cofidis abandone tamén o Tour.

En 2012 tamén foi sancionado Levi Leipheimer por ter participado no sistema de dopaxe relacionado con Lance Armstrong ata 2006, séndolle retirados tamén os resultados que colleitou neste Tour 2007.

Clasificación xeral 200px|miniatura|dereita|Alberto Contador na 19ª etapa. PosiciónCorredorEquipoTempo25px Alberto Contador Discovery Channel 91h 00' 26"2 Cadel Evans Predictor-Lotto + 23"Desc. Levi Leipheimer Discovery Channel + 31" 4 Carlos Sastre CSC + 7' 08"5 Haimar Zubeldia Euskaltel-Euskadi + 8' 17"6 Alejandro Valverde Caisse d'Epargne' + 11' 37"7 Kim Kirchen T-Mobile + 12' 18"8 Yaroslav Popovych Discovery Channel + 12' 25"9 Mikel Astarloza Euskaltel-Euskadi + 14' 14"10 Óscar Pereiro Caisse d'Epargne + 14' 25"

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial. Outros artigos Giro de Italia 2007 Vuelta a España 2007

Categoría:Tour de Francia Categoría:Ciclismo en 2007