O alquimista impaciente (en ) é un filme hispano-arxentino de 2002 dirixido por Patricia Ferreira Mañá. Está protagonizado por Ingrid Rubio, Roberto Enríquez, Chete Lera e Adriana Ozores. O filme adapta a novela homónima de Lorenzo Silva.

Sinopse O sarxento Rubén Bevilacqua e a súa compañeira, a garda Virginia Chamorro, investigan a morte dun home nun motel de estrada. A vítima é un enxeñeiro dunha central nuclear, e a súa morte desata as especulacións tremendistas da prensa. Decátanse de que o enxeñeiro chegou ó motel acompañado dunha muller nova, moi alta e fermosa, da que non se atopa o menor rastro. O caso arquívase ata que tres meses máis tarde se descobre o cadáver dunha muller.

Intérpretes Ingrid Rubio como Virginia Chamorro Roberto Enríquez como Rubén Bevilacqua Chete Lera como Dávila Adriana Ozores como Blanca Díez Miguel Ángel Solá como Zaldívar Jordi Duader como Ochaita Mariana Santángelo como Patricia Zaldívar Nacho Vidal como Vasili Valeria Arribas como Salgado Monti Castiñeiras como policía científica Josep Linuesa como Egea Miguel Zúñiga como Marchena

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado1ª ediciónMellor filmePatricia Ferreira MañáNomeadoMellor directorPatricia Ferreira MañáNomeado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha no Consello da Cultura Galega

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes dirixidos por Patricia Ferreira Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego