Máis ca irmáns é unha coprodución cinematográfica galega, dirixida por Ramón Costafreda no ano 2005. Trátase dunha película feita para televisión cuxa rodaxe se desenvolveu en localizacións de Barcelona e Cambre, Arteixo, a Fraga de Cecebre, entre outras.
Sinopse Está película está inspirada en feitos reais, na historia dos que foron coñecidos coma os irmáns de Cambre. Nárrase a relación entre unha parella que se namorou, casou e formou unha familia sen saber que eran irmáns.
Equipo técnico Asistentes de dirección: Pilar Tomás, Pepo Alba Produción executiva: Marco Meere Edición: Guillermo Represa Casting: Marga Humanes Dirección de arte: Andrés Grego Vestiario: Santos Sánchez Son: Claudio Canedo, Diego Casares, Juliana Rueda Maquillaxe e peiteado: Eva Fontenla
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Barcelona Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego