Benigno López González, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1952, é un xuíz galego, que foi designado polo parlamento como Valedor do Pobo o 17 de xullo de 2007.

Carreira profesional Estudou o bacharelato na Coruña e licenciouse en Dereito en 1974 pola Universidade de Santiago. Aprobou as oposicións a xuíz en 1979 e foi ocupando distintas prazas nos xulgados de Corcubión (1980), Carballo (1981), Bilbao (1983, xa como maxistrado), Ourense (1983) e A Coruña (1986). O 31 de outubro de 1988 incorporouse como maxistrado á sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña, cargo onde permaneceu ata decembro de 1995, cando foi nomeado xuíz da sección primeira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e presidente da mesma o 7 de decembro de 2004.

O 17 de xullo de 2007 é escollido por consenso no Parlamento como novo Valedor do Pobo, e tomou posesión o 22 de xullo.

O 15 de maio de 2012, poucos meses antes de que expirase o seu mandato, converteuse no primeiro Valedor do Pobo que presentaba a dimisión. A renuncia viu provocada por unha polémica xurdida unhas semanas antes. No Parlamento de Galicia, López mostrárase comprensivo cos recortes na Lei de Dependencia, e mesmo defendera a súa suspensión mentres non pasase a crise. Estas declaracións motivaron mesmo a renuncia dunha das vicevaledoras, ademais dunha forte contestación política.

Vida persoal Está casado e ten dous fillos.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na web do Valedor do Pobo

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Valedores do Pobo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela