Compiègne é unha cidade francesa de tamaño medio situada no departamento do Oise, na rexión de Hauts-de-France.
Xeografía Compiègne está situada na confluencia dos ríos Oise e Aisne. Está a 65 quilómetros ao norte de París e, polo tanto, dentro da súa área de influencia. Limita ao oeste polo Oise, ao leste polo bosque comunal de Compiègne, ao norte polo Aisne e ao sur limita con Croix-Saint-Ouen. A estación de tren está situada na beira dereita do Oise.
No ano 2018 tiña unha poboación de 40.542 persoas, se ben toda a área urbana que conforma ten máis de 100 mil habitantes.
Historia
Na época galo-romana, Compiègne era un lugar de vao do Oise, onde cruzaban unha rede de vías secundarias na fronteira dos territorios de (Beauvais) e de (Soissons). A ponte atopábase nun lugar chamado o cercado das rosas. O nome de Compiègne vén do latín compendium, que quere dicir 'atallo'.
Co nome de vila real, Compiègne pertenceu á coroa de Francia dende a época dos merovinxios. Pola súa importancia estratéxica e a súa proximidade a París, Compiègne foi sede da sinatura de diversos acordos, tratados e treguas dende antigo tempo, así como doutros importantes acontecementos da historia de Francia. Por exemplo, Xoana de Arco foi apreixada nas súas proximidades, ao tentar cruzar o Oise, e o pazo e o castelo foron utilizados durante un tempo como residencia dos reis de Francia.
O 22 de xuño de 1940, no mesmo vagón en que se asinara o armisticio de 1918, foi asinado o armisticio entre Francia e Alemaña, coa asistencia de Hitler.
Cidades irmás 20px Landshut, Alemaña, dende 1962 20px Huy, Bélxica, dende 1959 20px Raleigh, Carolina do Norte, Estados Unidos, dende 1989 20px Kiryat Tivon, Israel, dende 1988 20px Arona, Italia, dende 1962 20px Vianden, Luxemburgo, dende 1964 20px Shirakawa, Xapón, dende 1988 20px Elbląg, Polonia, dende 2002 20px Bury St Edmunds, Inglaterra, Reino Unido, dende 1967
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do concello de Compiègne
Categoría:Cidades de Francia Categoría:Concellos do departamento de Oise