miniatura|250px|Un exemplar de hereford pacendo
A hereford é unha raza de vacún orixinaria de Inglaterra e unha das máis populares do planeta. É unha raza especializada fundamentalmente na produción de carne.
Características A hereford é unha vaca robusta e de gran tamaño, de cor rubia escura e con cornos. De feito, existe unha mellora xenética da hereford, a hereford mona, caracterizada precisamente por carecer de corna. A hereford ten a cara branca, pero tamén son brancas as patas, a liña do ventre e a agulla.
Un exemplar de vaca hereford móvese entre os 800 e os 900 kg, e ao redor de 140 cm de altura. O boi colócase entre os 1.000 e os 1.300 kg, cunha altura de 150 cm, pero téñense rexistrado exemplares de boi hereford de ata 1.770 kg (1839). Con todo, a mellora xenética buscou exemplares macho máis lixeiros e máis eficaces.
Historia miniatura|dereita|Un boi hereford nunha feira gandeira en Dunblane. Crese que a hereford ten orixe nunha pequena vaca rubia británica e do seu cruzamento con bois galeses brancos que vivían ceibos nas estremas entre Gales e Inglaterra. A raza hereford foi a primeira en ser recoñecida como tal, e aparece citada con ese nome en 1627. Era un tipo de vacún que se alimentaba unicamente de herba e que proporcionaba unha boa carne no contorno do condado de Herefordshire, no oeste de Inglaterra. Xa antes do século XIX algúns exemplares de hereford foran exportados a Irlanda coa idea de crear un armentío de seu naquela illa. A exportación aos Estados Unidos comezou en 1817. O primeiro libro de rexistro foi creado en Hereford en 1846, pero o oficial non chegaría ata 1887.
Rendibilidade Orixinaria do condado inglés de Herefordshire, a hereford é a vaca máis común na zona temperada de Australia, e é tamén altamente popular no suroeste dos Estados Unidos, así como no centro e no leste da Arxentina e no Uruguai. É tamén a raza con máis criadores en Nova Zelandia. En Rusia hai dous millóns de cabezas de hereford.
A carne da hereford é de excelente calidade, e o seu traballo máis dócil e cómodo có doutras razas de carne, como a angus. Dá unha carne con frebas brancas, moi boa para a súa preparación en churrascos. As vacas poden producir becerros ata os 15 anos e os bois son fértiles ata os 12.
Existen 28 sociedades de criadores de hereford. A asociación de criadores de hereford de España ten a súa sede na Coruña.
Véxase tamén Razas de vacún
Ligazóns externas Asociación de criadores de hereford dos Estados Unidos Asociación de criadores de hereford de Nova Zelandia Sociedade de criadores de hereford de Australia Asociación de criadores de hereford do Canadá Asociación de criadores de hereford do Reino Unido Asociación de criadores de hereford de Irlanda
Categoría:Razas de vacas