Villers-Cotterêts é un concello francés, situado no centro do bosque de Retz, no departamento de Aisne e na rexión de Hauts-de-France.
Historia O seu pequeno tamaño non lle concedeu demasiada relevancia histórica. Porén, en 1539 o rei Francisco I de Francia asinaba nela a ordenanza de Villers-Cotterêts, un documento onde se impuña o francés como lingua oficial de Francia, en substitución do latín.
Na vila hai tamén un castelo mandado construír por este monarca en 1532, sobre a localización dun castelo anterior, probablemente do século XIII. O castelo pasou logo á familia de Orleáns, que a finais do século XIX llo doou ao concello de París.
O feito cultural máis destacado é o nacemento nesta vila de Alexandre Dumas (o pai), en 1802, no Castelo de Noüe. O edificio, do século XVI, está agora dedicado á casa museo do escritor.
Demografía
Véxase tamén Ligazóns externas Web turística de Villers-Cotterêts
Categoría:Concellos do departamento de Aisne