Tom Boonen, nado en Mol o 15 de outubro de 1980, é un ciclista belga. Corredor de grande envergadura (1,92 m e 80 kg) é particularmente bo nos espríns e en carreiras dun só día.

Vida profesional Tom Boonen é un ciclista profesional dende 2002, primeiro co equipo estadounidense US Postal e logo, dende 2003, no Quick Step, conxunto especializado en probas dunha soa xornada e en esprinters. Xa no primeiro ano como profesional colleitou unha meritoria terceira praza na París-Roubaix. Pero o seu grande ano foi o 2005, cando conseguiu vencer na Volta a Flandres, na París-Roubaix e no Campionato do mundo de ciclismo en estrada. Ademais ese mesmo ano obtivo dúas vitorias de tirada no Tour, e foi elixido Bicicleta de ouro como mellor ciclista do ano.

Principais éxitos miniatura|upright=1.3|Omloop Het Nieuwsblad 2015 : Niki Terpstra (2), Ian Stannard (1) & Tom Boonen (3).

Boonen obtivo ao longo da súa carreira (ata xullo de 2007), un total de 75 vitorias, a maior parte delas en tiradas de voltas e en carreiras dun só día. 20px Campión do mundo de ciclismo en ruta, no ano 2005, nos campionatos celebrados en Madrid. 20px Gañador no Tour de Francia 2007 na clasificación por puntos. Vencedor da Volta a Flandres en 2005 e 2006. Había máis de vinte e cinco anos que ningún ciclista conseguía gañar esta proba dúas veces. Vencedor da París-Roubaix en 2005. Vencedor da Gante-Wevelgem en 2004 Cinco vitorias de tirada no Tour de Francia: 2 en 2004, 2 en 2005 e 1 en 2007. Vencedor da Volta a Bélxica en 2005 Vencedor da Volta a Picardía en 2004 Vencedor da Volta a Qatar en 2006 11 vitorias na Volta a Qatar, 6 na Volta a Bélxica, ou 5 en tiradas da París-Nisa.

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial de Tom Boonen

Categoría:Ciclistas olímpicos de Bélxica Categoría:Nados na provincia de Anveres Categoría:Nados en 1980 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia