Luis García-Berlanga Martí, nado en Valencia o 12 de xuño de 1921 e finado en Madrid o 13 de novembro de 2010,"El cineasta Luís García Berlanga muere en Madrid a los 89 años" , artigo en Radiofusion . foi un director e guionista de cine español.

Traxectoria De mozo decidiu estudar Dereito e Filosofía e Letras pero a súa verdadeira vocación conduciuno a ingresar no Instituto de Investigacións e Experiencias cinematográficas de Madrid en 1947. Durante a súa xuventude uniuse á División Azul para evitar represións políticas polo cargo que o seu pai desenvolvera durante a República (foi gobernador de Valencia).

Debutou como director en 1951 coa película Esa pareja feliz, na que colaboraba con Juan Antonio Bardem. Xunto a este, é considerado un dos renovadores do cine español da posguerra. Entre as súas películas destacan títulos coma Bienvenido, Mister Marshall ou El verdugo. Traballou en sete ocasións co guionista Rafael Azcona.

O seu cine caracterízase pola súa retranca e as súas sátiras de diferentes situacións sociais e políticas. Na etapa da ditadura franquista despuntou a súa habilidade para burlar a censura da época e levar a cabo proxectos tan atrevidos coma Los Jueves Milagro.

En 1986 recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes e en 1993 o Goya ó mellor director por Todos a la cárcel. A súa película Plácido foi nomeada para o Oscar á mellor película estranxeira en 1961. Recibiu a Medalla de Ouro das Belas Artes en 1981, o Premio Nacional de Cinematografía en 1980 e a orde italiana de Commendatore. Obtivo premios e galardóns internacionais nos máis importantes festivais (Cannes, Venecia, Montreal, Berlín...). No Festival de Karlovy Vary foi elixido coma un dos dez cineastas máis relevantes do mundo. Ademais, posúe un incontable número de recoñecementos nacionais.

Foi pai de Carlos Berlanga, músico, compositor e importante precursor da movida madrileña e da música pop dos anos 80, falecido en 2002 a causa dun cancro.

Faleceu na súa casa de Madrid aos 89 anos o 13 de novembro de 2010, e foi enterrado en Pozuelo de Alarcón.

Filmografía

Longametraxes Esa pareja feliz (1951). Codirixida con Juan Antonio Bardem Bienvenido, Mister Marshall (1953) Novio a la vista (1954) Calabuch (1956) Los jueves, milagro (1957) Plácido (1961) El verdugo (1963) Las pirañas (1967) ¡Vivan los novios! (1970) Tamaño natural ("Grandeur nature" en francés, 1973) La escopeta nacional (1978) Primeira parte da triloxía nacional. Patrimonio nacional (1981) Segunda parte da triloxía nacional. Nacional III (1982) Terceira parte da triloxía nacional. La vaquilla (1985) Moros y cristianos (1987) Todos a la cárcel (1993) París-Tombuctú (1999)

Curtametraxes Tres cantos (1948) Paseo por una guerra antigua (1948). Codirixida con Juan Antonio Bardem, Florentino Soria e Agustín Navarro. El circo (1949) Se vende un tranvía (1959) Las cuatro verdades ("Les quatre vérités" en francés, 1963), episodio La muerte y el leñador El sueño de la maestra (2002)

Nomeamentos e premios Premios Goya Ano Categoría Película Resultado 1994 Película Todos a la cárcel Gañadora 1994 Director Todos a la cárcel Gañador 1994 Guión original Todos a la càrcel Candidato 1988 Guión orixinal Moros y cristianos Candidato

Festival de Cannes Ano Categoría Película Resultado 1981 Palma de Ouro Patrimonio nacional Candidata 1970 Palma de Ouro ¡Vivan los novios! Candidata 1962 Palma de Ouro Plácido Candidata 1962 Palma de Ouro Bienvenido, Mister Marshall Candidata 1962 Guión Bienvenido, Mister Marshall Gañadora

Festival de Venècia Ano Categoría Película Resultado 1963 León de Ouro El verdugo Candidata 1963 FIPRESCI El verdugo Gañadora 1956 León de Ouro Calabuch Candidata

Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos AnoCategoríaPelícula1951Premio JimenoEsa pareja feliz1953Mellor argumento orixinalBienvenido, Mister Marshall1959Mellor argumento orixinalLos jueves, milagro1961Mellor directorPlácido1963Mellor argumento orixinalEl verdugo1993Mellor directorTodos a la cárcel

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Franco, Jesús: Bienvenido Mister Cagada, Aguilar, Madrid, 2005. ISBN 84-03-09580-5.

Ligazóns externas Biografía Ficha en IMDb

Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid Categoría:Membros da División Azul Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Miguel Hernández de Elx